Detido a 135km por unha vía de 50, e triplicando a taxa de alcohol permitida
13:15 05/08/21
A 135km/h circulaba un vehículo na AC-432 no termo municipal de Camariñas. Así o certifica a Garda Civil, que estaba realizando un control preventivo de velocidade.
Os axentes detiveron o vehículo para notificarlle a infracción, cando percibiron que a persoa amosaba síntomas de atoparse baixo a influencia de bebidas alcohólicas. Tras realizarlle a proba, deu 074 mg/l de aire espirado na primeira proba e 0,72, na segunda, case o triple do permitido.
Así, os axentes procederon a investigar ao condutor como posible autor dun delito contra a seguridade vial.
Lembran que delitos coma este poden rematar en penas de prisión.