Luns. 06.12.2021
El tiempo

Confirman o aumento de encarceramentos por delitos de seguridade vial

Piden a abolición do isolamento nas prisións
20 MAYO 2008 / 23 MAYO 2008 PAGINA 7 / 08 JUNIO 2008 PAGINA 31 / 10 JUNIO 2008 PAGINA 8 / 24 JUNIO 2008 PAGINA 6 / 21 AGOSTO 2008 PAGINA 7 / 14 junio 2009 página 32 / 17 febrero 2010 página 17 / 30 marzo 2010 página 5 / 26 julio 2010 página 2A CORUÑA.- EL VICEPRESIDENTE DE LA XUNTA DE GALICIA ANXO QUINTANA VISITA LA CARCEL DE TEIXEIRO
Internos na prisión de Teixeiro
Confirman o aumento de encarceramentos por delitos de seguridade vial

En Galicia, a poboación recluída en centros penitenciarios é de 3.200 persoas, segundo o Informe 2019 do Mecanismo estatal de prevención da tortura (MNPT), que depende do Defensor del Pueblo, un 5,4% das presas e presos no conxunto do Estado español (58.517 persoas).

Arredor do 9% desa poboación penintenciaria ten algún delito relacionado coa seguridade vial, sendo o 2,3% os que teñen este como delito principal. Conducir sen carné é o delito máis habitual (54% dos detidos), pero tamén hain umerosos ingresados por condución temeraria (16,7%) ou baixo a infuencia do alcohol e as drogas (16,7%). 9 de cada 10 teñen condenas inferiores a 3 anos, pero non lles exime de pasar o mal trago de verse moitos meses privados de liberdade.

Nese sentido, A Coruña é unha das 5 provincias con maior taxa deste tipo de delitos. E a tendencia segue á alza tamén na nosa comarca, onde hai varios focos de poboación que teñen naturalizado durante as últimas décadas a vida ao límite da lei. Uns grupos poboacionais onde habería que centralizar a atención para “romper o círculo de delincuencia” como explicaba en QPC Rosaura Romo, técnica da Fundación Érguete no Centro de Inserción Social da Coruña e na prisión de Teixeiro.

Pero esta crúa realidade cada día a sofre xente máis diversa. A presencia de mozos e mozas con vidas “normais” por delitos recurrentes de seguridade vial é cada día maior. Así o corrobora tamén a pontecesá Ana Suárez, ou das técnicas da Fundación Érguete: “Entre os que pasan por Teixeiro por delitos de seguridade vial hai moitos reincidentes, que sofren adicións, ou que tamén están por roubos… Pero tamén hai outro perfil de persoas que non ten outras condutas delitivas e se atopan entre barrotes “sorprendidos e impactados”, xente que non se imaxinaría nunca ter pasado por esta experiencia”, explica.

O problema é que a condución temeraria, ou o uso do coche baixo os efectos do alcohol, ou sen carnet están demasiado normalizadas na nosa sociedade. “Son actitudes moi naturalizadas, a xente non ten conciencia de que pode acarrexar unha sanción grave, nin sequera que sexan accións perigosas para a seguridade. Ademais, son delitos que antes non estaban penados, e a día de hoxe, dende a reforma do código penal de hai 10 anos, as sancións non van acordes coa conciencia social, que aínda non cambiou”, sinala.

A maior aparición de xente cada día máis nova nestas circunstancias tamén a corrobora Ana Oyuelos, xefa de Servizos Sociais Comunitarios do Concello de Carballo. “Notamos que nos Traballos en Beneficio á Comunidade, que desenvolvemos a través do convenio que temos co CIS de A Coruña, o perfil que nos aparece é cada vez máis novo, con casos de 20 poucos anos. É certo que tamén temos xente moi maior, de 65 e pico e 70 anos”, explica.

Oyuelos recoñece que “a porcentaxe de persoas que están facendo traballos para comunidade a comunidade por delitos relacionados co alcohol e as drogas é moi alto”. Pero tamén “detectamos que hai moitos usuarios que demandan información relacionada coa seguridade vial, porque non teñen carnet ou porque xa tiveron multas ou condenas por alcoholemia, pero xa dende hai tempo”.

De feito, os Servizos Sociais carballeses axudan “a solicitar as Axudas da Xunta para sacar o carnet para menores de 31 anos, e tamén axudamos á xente que cobra o RISGA, coa que traballos en itinerarios de inserción laboral e formativa, para solicitar un complemento para pagar unha academia. O carnet é basico para a búsqueda de emprego”, sinala.

Piden a abolición do isolamento nas prisións

isolamento nunha carcere

O confinamento solitario (o réxiime “aislamiento” como se lle coñece dentro das prisións) é unha práctica habitual realizada a presas e presos en réxime de primeiro grado (1.702 persoas, cos datos de 2019). Unha situación que provoca que estas persoas cheguen a pasar 20 horas ao día pechados en 4 metros cadrados, que limita as saídas ao patio (entre 2 e 4 horas ao día), que limita os contactos con outras persoas presas, que limita os obxectos permitidos na cela, que obriga a comer en solitario, e que restrinxe das comunicacións con persoas do exterior (limitación a dúas cartas semanais).
Pero a cousa, ás veces, vai máis alá segundo un relatorio de 2016 da Coordinadora catalá para a prevención, que “denuncia da tortura, os autores indicaban que a cifra de expedientes de isolamento nas prisións catalás o ano anterior fora de 226 e cunha poboación de 173 persoas presas en réxime de primeiro grado”.

Ante esta situación, a organización galega EsCULcA, o Observatorio para a Defensa dos Dereitos e Libertades, vén de asinar o manifesto “O cárcere dentro do cárcere”, a través do que solicita acabar co réxime de confinamento solitario nas prisións do Estado español. Consideran que “o isolamento prisional implica un trato cruel, inhumano e degradante para as persoas, e constitúe en si mesmo unha forma de tortura”.

“A falta de contacto humano e de actividade tradúcense nun prexuízo serio para a saúde física e mental de quen a sofre (…) Aliás, trátase de espazos onde en moitos casos se favorece a práctica de abusos por parte de funcionarios”, denuncia o manifesto que Esculca elevará esta reclamación ás e os representantes políticos galegos dentro dunha campaña estatal de asociacións de dereitos humanos.

Artigos relacionados

comentarios