Luns. 15.08.2022
El tiempo

Difamacións e denuncias en Camariñas

Difamacións e denuncias en Camariñas

Tensa anda a actualidade politica e social en Camariñas. Ben coñecemos o poder da rede virtual na opinión pública camariñá, onde os blogs e as páxinas informativas teñen máis repercusión que os diarios tradicionais e a televisión. Estes días podemos comprobalo.

A web do PSOE de Camariñas, www.maiscamarinas.com, publicaba nun artigo do seu redactor coñecido polo Lorcho, varias cousas sobre a familia do voceiro do PP local Daniel Rego. O redactor referíase a Rego como "Danielito", aportando datos sobre o seu soldo na Deputación, que ascendería aos 19.023,06 ó ano. O Lorcho vai máis alá e denuncia que Rego pode ata quitar multas a furtivos, e dubidaba da xestión do negocio da súa filla ao fronte do Bar-Restaurante “Club Náutico de Camariñas”,.

Precisamente esta semana, a filla de Rego, Úrsula Rego Sternat, actual xestora e asociada do bar, denunciaba ante a Garda Civil as "inxurias que a web está a realizar sobre a xestión do seu negocio dañando así, a boa imaxe do establecemento e do seu empresario".

A propia Úrsula solicitaba o apoio da Asociación de Empresarios de Camariñas, que hoxe envía un comunicado asegurando que "non está de acordo cas acusacións vertidas hacia este empresario, motivo polo cal, nos vemos na obriga de pronunciarnos en contra de todas aquelas manifestacións que perxudiquen o bo nome e reputación de este ou de calquera outro empresario asociado".

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC ([email protected]).
  • Nota de prensa da Asociación de Empresarios de Camariñas.

comentarios