![Accidente debuxo]()
As estradas da Costa da Morte rexistraron dous accidentes de tráfico a pasada fin de semana.
En Vimianzo
En Vimianzo produciase unha colisión múltiple no mediodía do sábado no que se viron involucrados tres vehículos e un camión do lixo. Resultaron feridas seis persoas, unha delas moi grave. O suceso tiña lugar na estrada que vai de Castrelo a Baíñas. Os afectados foron trasladados a dependencias sanitarias en Cee e A Coruña.
Segundo contan,
o culpable do acontecido foi un can que se cruzou na calzada. Deste xeito, un Seat Toledo viuse na obriga de frear, e o camión do lixo colisionou contra o coche, sen poder evitalo. Tamén afectou o percance a un Audi e a un Chevrolet, que colisionou contra unha vivenda aledaña.
Os pasaxeiros do Seat que viaxaban na parte traseira foron os peor parados. Eran dous septuaxenarios que resultaron feridos. A súa filla ía diante e tamén resultou ferida.
En Camariñas
Por outra banda, un mozo de Camariñas era o afectado no accidente que se producía tamén o sábado, pero pasadas as 15:00h. Desta volta acontecía en Dor, preto da parroquia camariñá de A Ponte do Porto.
O rapaz foi trasladado a dependencias sanitarias en A Coruña, por medio dun helicóptero. Houbo duas feridas máis, de xeito leve, que fron trasladadas ao Hospital Virxe da Xunqueira de Cee.
Novas relacionadas
Accidentes no 2011
Fonte