Luns. 14.06.2021
El tiempo

Os empresarios de Camariñas enchen de cultura o Faro Vilán

Presentacion expo no Faro vilan
Imaxe da presentación da exposición de Antonio Fernández, en presencia de Xosé Regueira e Olga Campos
Os empresarios de Camariñas enchen de cultura o Faro Vilán

Xa nos contaron esta semana que o Faro Vilán volve ser o único da Costa da Morte en abrir. Pero manter un Faro vivo non só implica abrir as portas, senón que supón dotalo de contido. E nesa liña a Asociación de Empresarios e de Promoción Turística de Camariñas leva anos enchendo de exposicións o Faro Vilán.

Este mes de xuño a sala de exposición volve encherse de arte, da man das fotografías de Antonio Fernández. A súa exposición «Trece luces na nosa costa» estará todo o mes.

Nesta exposición trata de contar a historia dos faros da nosa costa, a súa función durante o tempo, e que hoxe coas tecnoloxías avanzadas instaladas nos barcos deixan de seren, ao mellor, tan necesarios pero alcanzan outra dimensión non menos importante como é un legado patrimonial para todos nós. O fío condutor dos mesmos, ademais do enclave no que están situados, é que as fotografías están feitas cunha técnica especial que aporta ás imaxes outra dimensión creativa e asombrosa. É un tipo de fotografía pouco visto e moi recomendable.

Novas relacionadas

comentarios