Entra en funcionamento a demandada depuradora de Xaviña
![Depuradora Xaviña](/asset/thumbnail,992,558,center,center/media/quepasanacosta/images/2023/12/14/2023121417330185005.jpg)
07:16 15/12/23
Que importantes as infraestrururas de saneamento. Este xoves púxose en marcha a demandada depuradora de Xaviña, unha obra financiada a través do Plan Único da Deputación da Coruña que contou cun orzamento total de 65.219,71 euros e que permitirá prestar un servizo básico para a cidadanía.
Desde hoxe os veciños e veciñas desta parroquia xa poden solicitar os enganches á rede de sumidoiros. No Sixto xa pode facerse de forma directa e, en función das solicitudes que se reciban, irase despregando pouco a pouco a rede.