Mércores. 16.10.2024
El tiempo

A escola de Xaviña será un espazo sociocultural

Escola Unitaria de Xavina-Camarinas copia
A escola de Xaviña será un espazo sociocultural

O goberno local de Camariñas aprobou no pleno do pasdao venres a proposta para a aprobación definitiva da desafección da escola de Xaviña, tras a súa aprobación provisional no mes de novembro do pasado ano. O obxectivo é acondicionala posteriormente para que poida funcionar como un espazo sociocultural.

O inmoble que anteriormente albergaba a escola de Xaviña é un ben municipal que no seu momento se cedeu á Consellería de Educación para que funcionase como centro educativo, un servizo que non se desenvolve desde hai anos.

Por iso, a Consellería de Educación renunciará a concesión do uso deste inmoble e o Concello poderá realizar os traballos necesarios para transformalo nun centro sociocultural que poida albergar as actividades ou eventos que se leven a cabo na parroquia de Xaviña.

Ademais, a sesión plenaria tamén serviu para aprobar a proposta do Plan o Adicional para destinar, por unha banda, 107.169,90 euros para gasto corrente e, pola outra, 28.578,64 euros para financiar gastos orixinados pola crise sanitaria da COVID-19.
Ante a solicitude presentada, recoñeceuse a bonificación do 50% do Imposto sobre Construcións, Instalacións e Obras. Ademais, aprobouse un recoñecemento extraxudicial de crédito para pago a provedores por 151.671,74 €.

Comentarios