Esixen a inmediata dimisión de Pichurri como alcalde de Camariñas


Non se fixeron esperar os primeiros ecos trala condena de 4 anos ao alcalde de Camariñas por prevaricación. Os primeiros en saír á voz pública son os responsables do BNG camariñán esixindo a dimisión de Manuel Valeriano Alonso, Pichurri.
A voceira local Ilva Carril lembra que “o BNG de Camariñas sempre denunciou a actitude caudillista do alcalde de Camariñas. Unha vez máis amosa un actitude dictatorial ao non querer dimimitir logo de ser condenado a catro anos de inhabilitación por contratar a un compañeiro do PSOE”.
Así mesmo, recorda que “dende o BNG de Camariñas xa denunciáramos que se contrataba sempre ao mesmo personal con subvencións da deputación e que o alcalde estaba a practicar unha política de enchufismo, ben coñecida por todos os/as veciños/as do concello”.
Por todo isto, apela ao “suposto código ético do PSOE, que por agora quedou en papel mollado en Camariñas, xa que despois de abrirse xuizo oral por procedimento penal ao alcalde, este non dimitiu nin siquera foi expulsado do seu partido”.
Ademais, queren lembrar que “o alcalde xa fora imputado (agora chamado investigado) no ano 2011 por suposta negociación prohibida a funcionarios e continou no cargo como si nada pasara”.
Novas relacionadas
- 08-04-17: Pichurri, condenado a 4 anos de inhabilitación por prevaricación.
- Decembro 2016: Operación Orquesta: Aberto o xuízo oral para 6 dos acusados ceeses.
- 2011: O alcalde de Camariñas aos xulgados pola contratación por parte do Concello dos seguros da súa empresa.
Máis novas
- Febreiro 2016: A UDEF ve indicios delictivos do alcalde de Camariñas na Trama dos Seguros.
- 2015: Por que non nos importa a imputación dos nosos candidatos á alcaldía?.
- 2014: Unha vintena de políticos imputados na Costa da Morte.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).