Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Estudantes do IES Pedra da Aguia participan nun curso de inmersión lingüística nos Peares

Estudantes do IES Pedra da Aguia participan nun curso de inmersión lingüística nos Peares
Vinteún alumnos e alumnas do IES Pedra da Aguia participaron no curso de inglés Vinteún alumnos e alumnas do IES Pedra da Aguia participaron no curso de inglés Unha experiencia moi nutritiva foi a que experimentaron a semana pasada vinteún alumnos de 3º da ESO do IES Pedra da Aguia de Ponte do Porto. Lonxe dos seus mestres e dos pais, participaron no curso en inglés que se enmarca dentro do programa de Inmersión Lingüística da Xunta e que tivo lugar na contorna natural de Os Peares, en Ourense. Alí conviviron con estudantes do CPI Boqueixón e estiveron titorizados por monitores nativos que lles obligaron a falar en inglés dun xeito didáctico e divertido durante toda a súa estancia de cinco días de duración. Todos eles destacaron que a experiencia foi moi enriquecedora, ainda que "moi curta". Iso tendo en conta que só tiñan acceso aos móbiles durante media hora ao día e que só se lles permitiu falar cos seus pais un día. Durante o curso combinaron diversas tarefas, nas que se misturaron a teoría coa práctica, as clases reducidas cos obradoiros, os xogos didácticos coa festa nocturna; sempre nunha atmosfera de compañeirismo e no que o idioma de comunicación foi o inglés.   Fonte Novas relacionadas

Comentarios