Estudantes do IES Pedra da Aguia participan nun curso de inmersión lingüística nos Peares
07:05 02/12/15
Vinteún alumnos e alumnas do IES Pedra da Aguia participaron no curso de inglés
Unha experiencia moi nutritiva foi a que experimentaron a semana pasada vinteún alumnos de 3º da ESO do IES Pedra da Aguia de Ponte do Porto. Lonxe dos seus mestres e dos pais, participaron no curso en inglés que se enmarca dentro do programa de Inmersión Lingüística da Xunta e que tivo lugar na contorna natural de Os Peares, en Ourense.
Alí conviviron con estudantes do CPI Boqueixón e estiveron titorizados por monitores nativos que lles obligaron a falar en inglés dun xeito didáctico e divertido durante toda a súa estancia de cinco días de duración.
Todos eles destacaron que a experiencia foi moi enriquecedora, ainda que "moi curta". Iso tendo en conta que só tiñan acceso aos móbiles durante media hora ao día e que só se lles permitiu falar cos seus pais un día.
Durante o curso combinaron diversas tarefas, nas que se misturaron a teoría coa práctica, as clases reducidas cos obradoiros, os xogos didácticos coa festa nocturna; sempre nunha atmosfera de compañeirismo e no que o idioma de comunicación foi o inglés.
Fonte
- Redacción QPC ([email protected])
- IES Pedra da Aguia