Xoves. 03.10.2024
El tiempo

Excarcelan unha persoa tras un accidente en Camariñas

Excarcelan unha persoa tras un accidente en Camariñas
Dúas persoas, un adulto e unha nena, resultaron feridas onte en Camariñas ao producirse un accidente entre dous vehículos que circulaban pola Avenida da Coruña. O suceso acontecía arredor das 21:30h horas deste luns. O CAE 112 Galicia pasou aviso a Urxencias Médicas e aos Bombeiros de Cee, posto que, segundo indicaron testemuñas que se atopaban no lugar, un dos condutores estaba atrapado no interior dun dos vehículos. Dende o 112 Galicia tamén se solicitou a colaboración dos axentes de Tráfico, da Policía Local e dos efectivos de Protección Civil de Camariñas. Tratouse dun choque frontolateral entre dous coches, un Opel Astra color azul e un Ford Fiesta color branco, co resultado de tres persoas afectadas, unha no Opel e dúas no Ford. Só era unha vítima a atrapada, era o condutor do Ford, un home de uns 70/80 anos que tiña as pernas atrapadas entre o salpicadeiro e o asento, e tivo que ser excarcelado. Membros do parque comarcal indicaron que, finalmente, un dos condutores tivo que ser excarcerado. Os dous feridos, un adulto e unha menor foron trasladados ao centro hospitalario de referencia polos servizos sanitarios.

Accidente en Fisterra

Unha persoa resultou ferida no concello de Fisterra onte pola tarde cando traballaba de xeito voluntario nas obras de construción do albergue de Buxán, na parroquia de Sardiñeiro. O 112 Galicia informou dos feitos á Policía Local, a Protección Civil e á Garda Civil. Urxencias Médicas xa tiña constancia do acontecido. O voluntario foi trasladado a un centro sanitario de referencia.

Fonte

  • Axega e Bombeiros de Cee.

Comentarios