Luns. 29.04.2024
El tiempo

O Faro Vilán mantén as portas abertas para dar a benvida a milleiros de visitantes

museo-faro-vilan-camarinas
Imaxe do museo permanente do Faro Vilán
O Faro Vilán mantén as portas abertas para dar a benvida a milleiros de visitantes

O Faro Vilán mantense vivo gracias á Asociación de Empresarios e Promoción Turística de Camariñas. Que importante contar cun espazo de benvida coma este para toda unha comarca, pois o turista que pasa polo Vilán sae con información de toda a Costa da Morte, ao ser un dos únicos puntos de referencia en materia de información turística.

Para darlle vida ademais, a entidade segue enchendo de exposicións o único Faro aberto de toda a Costa da Morte, e faino este mes de xullo coa mostra do pintor Ismael Galego con debuxos da terra. Faino en horario de martes a domingo de 11:00h a 15:00h e de 16:00 a 20:00h.

Exposición Ismael Gallego faro vilan

A entidade fai balance ademais dos visitantes que pasaron o pasado mes de xullo. Foron un total 1.764 persoas (en maio foron 1.173), dos cales 80% dos visitantes son nacionais, sendo á súa vez o 43% procedentes de Galicia.
Se ben predominan os coruñeses, entre os turistas nacionais, destacan os procedentes de Madrid que son o 22% dos visitantes nacionais seguidos dos procedentes de Cataluña (13% ) e dos de Castela León (17%).

Se falamos dos visitantes estranxeiros, destacan os procedentes de Italia 25%, e os de Francia que foron o 19% do total dos visitantes estranxeiros., pero tamén hai procedentes de Alemania, Reino Unido, Portugal, Suiza, Rusia e mesmo EEUU.

Esperan que a subida de visitantes sexa importante neste mes de xullo, para alzazar, cando menos as 16539 persoas que recibiu o Faro durante o pasado verán.

Encaixe no Camiño

A entidade prepara ademais as xornadas do Encaixe no Camiño que se celebrarán a finais de xullo.

NOVAS RELACIONADAS

Comentarios