Xoves. 28.03.2024
El tiempo

O Faro Vilán, o único Faro aberto da Costa da Morte gracias aos Empresarios de Camariñas

Faro Vilán
O Faro Vilán, o único Faro aberto da Costa da Morte gracias aos Empresarios de Camariñas

Como xa ven sendo habitual dende o 30 de xuño de 2012, Asociación de Empresarios e de Promoción Turística de Camariñas reabrirá de novo as portas do Faro de Cabo Vilán os visitantes dende hoxe mesmo, 01 de xuño, en horario de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas, de martes a domingo.

Unha nova demostración da entidade empresarial, única comprometida en manter vivo un elemento fundamental para o noso sector turístico. A realidade é que a día de hoxe o Faro Vilán é o único Faro aberto de toda a Costa da Morte, cando poderían ser grandes dinamizadores. Así o refrendan as cifras de visitantes, que superan os 15.000 un mes de verán.

A estrada

Mentres, a Autoridade Portuaria comunicaba a semana pasada ao Concello a súa intención de rematar o proxecto de reparación da vía que une o Faro Vilán, Só restan os últimos detalles para rematar a redacción do proxecto e que salga a licitación, e unha renovado o firme firmarase un convenio polo que o Concello asumirá a titularidade da vía.

Novas relacionadas

Comentarios