Fin de semana de accidentes e sustos en toda a bisbarra
Fin de semana de sustos pola comarca, con numerosas incidencias que sacaron aos Bombeiros de Cee e Carballo dos seus parques. Carballo, Baíñas, Camariñas e Carnota sufriron varios incidentes.
Accidente en Carballo
Os Bombeiros de Carballo no accidente de ArdañaCorrían as 21:30h da noite do sábado cando unha persoa resultaba ferida tras ao saírse da vía despois de bater contra un poste de formigón, na estrada que une Carballo e Portomouro, en Vivente, á altura da parroquia carballesa de Ardaña. Ademais, debido ao impacto, o turismo caeu a unha leira, e quedada volcado lateral, batera contra un colector de vidro e contra un poste de formigón do alumeado público, deixando este último con risco de caída sobre a estrada.
Así o explicaba o alertante que chamou ao CAE 112 Galicia para pedir axuda que só escoitaba berros dos ocupantes do turismo, solicitando unha ambulancia.
Os bombeiros, que finalmente non tiveron que excarcelar á ferida, colaboraron co operario da empresa de mantemento para asegurar o poste de luz ata que sexa substituído e limpamos a vía de restos de vidros.
Pequeno incendio en Xaviña
O sábado pola tarde, arredor das 17:00h, un alpendre comezaba a arder no lugar de Xaviña, en Camariñas. Tratábase dunha morea de madeira colocada ao carón dunha cheminea de calefacción, pegada a fachada traseira e exterior da vivenda e que o lume non afectara o interior. Os bombeiros só tiveron que facer tarefas de arrefriamento.
Cables na estrada
O venres arredor das 18:00h, os Bombeiros de Cee recibían unha chamada de CAE112 por un cabres tirados na estrada, que caían trala rotura dun poste de telefónica. Tivo que chegar a empresa de mantemento para sustituir o poste para poder retirar os cables.
Falsa alarma en Carnota
Era venres ás 19:00h, cando o CAE112 recibía unha alerta de que estaba a arder unha vivenda no lugar de Pedrafigueira. O GES de Muros confirmou que o lume xa fora extinguido polo donos da vivenda o que ardera fora unha pouca leña amontoada ao carón dunha lareira.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).