A Garda Civil incautou 4.039 kilogramos de sardiña no porto de Camariñas por exceso de capturas
O Servizo Marítimo Provincial da Garda Civi lde a Comandancia de A Coruña, incautou 4.039 quilos de sardña no porto de Camariñas, por exceso de capturas.
Os feitos aconteceron durante a inspección realizada nun pesquero da referida instalaciónn, enmarcada nos controis de campaña de capturas de sardiña.
Os efectivos actuantes, comprobaron que tras manifestar o patrón da embarcación a finalización da descarga, este recollera no diario de pesca, DEA, unha captura de 2.500 kilogramos desta especie. A Garda Civil inspeccionou o pesqueiro e localizou escondidas debaixo do aparello, 264 caixas cunha cantidade de 4.134 kilogramos, o que arroxaba un total de 6.634 quilos, superando os 6.000 quilos, tope semanal de capturas establecido para esta especie.
A forza actuante, comprobou que esta embarcación tiña rexistrada esta semana, outra captura de 3.405 kilogramos, o que supuña un exceso total de 4.039 quilos.
Por todo o o a forza actuante confeccionoo as correspondientes denuncias e procedeu á aprehensión do exceso de capturas. As sardiñas incautadas foron entregadas ao Banco de Alimentos de Santiago de Compostela.