Venres. 26.04.2024
El tiempo

Os Gardacostas requisan 88 nasas de ferro en Camariñas e 121 en Camelle

20211109 nasas incautadas por Gardacostas en Camariñas 2
Nasas incautadas por Gardacostas en Camariñas
Os Gardacostas requisan 88 nasas de ferro en Camariñas e 121 en Camelle

Este pasado domingo abriuse a veda da centrola en Galicia. E os Gardacostas da Xunta, en colaboración coa Policía Autonómica e do Servizo Marítimo da Garda Civil puxéronse a realizar unha serie de inspeccións para verificar que se cumpre a normativa vixente en relación coa captura da especie e velar pola protección do recurso.

Un dos controis, realizado no porto da lonxa vella de Camariñas, rematou co 88 nasas de ferro ilegais tipo centola requisadas, ademais de levantar unha acta de presunta infracción ao seu propietario.

Igualemente, o dispositivo realizado no porto de Camelle saldouse coa incautación de 121 nasas sen identificar.

Comentarios