Venres. 04.10.2024
El tiempo

O IESP Pedra da Aguia tende pontes contra a discriminación racial con Ourense

IES Pedra da Aguia en Ourense
O IESP Pedra da Aguia tende pontes contra a discriminación racial con Ourense

Vai recuperando a actividade, sempre co fío europeo de fondo, o IESP Pedra da Aguia da Ponte do Porto. Esta pasada semana facíao tendendo pontes con Ourense, mantendo un encontro intercultural co alumnado do Colexio Pai Feijóo-Zorelle, da capital das Burgas.

Baixo o lema “Construíndo pontes entre Camariñas e Ourense”, unha trintena de alumn@s de 4º da ESO formaron parte da iniciativa da Comisión Europea, desenvolvida por Europe Direct A Coruña, para celebrar o Mes Europeo da Diversidade. Un proxecto que nace para promover a inclusión e a integración para sensibilizar aos estudantes sobre a diversidad cultural e os riscos da discriminación.

A migración foi un dos temas fundamentais. Mentres o instituto camariñán apenas ten un 3% de alumnado doutros países, o centro ourensano conta con máis dun 70% deste colectivo nas súas aulas.

Conclusiones do Encontro Ourense Camarinas

Non houbo, con todo, problema algún para facer grupos mixtos que abordasen o tema da migración desde diferentes puntos de vista, como o demográfico, o laboral, o institucional, o social ou o dos medios de comunicación. Cada grupo extraeu unha serie de conclusións tras ese diálogo intercultural que expuxeron e debateron posteriormente.

Se ben unha enquisa previa demostraba que a rapazada ten menos prexuizos, si que sacaron en conclusión que o idioma é un elemento moi condicionante, e que a relixión é un tema moi espiñento e que se debate entre a tolerancia da súa práctica e a adaptación aos costumes nacionais.

Foi un día intenso en emocións que tamén tivo o seu parte máis desenfadada cando os grupos participaron nun kahoot sobre a Unión Europea, xogaron á Euroca xigante que fixo o centro de Camariñas e realizaron unha visita ao centro histórico de Ourense actuando os alumnos do Feijóo-Zorelle de guías turísticos.

Euroca

Viaxe a Bruselas

A próxima semana, parte do alumnado camariñán que asistiu a este evento, celebrará o día de Europa en Bruxelas, onde se desprazarán 16 estudantes de 4º da ESO xunto con dúas das súas mestras para visitar o Parlamento europeo de mans dun eurodiputado galego, coñecer a Casa da Historia de Europa así como a Fundación Galicia-Europa e participar nun xogo de rol no que por un instante converteranse en auténticos parlamentarios con voto.

Comentarios