Venres. 26.04.2024
El tiempo

A impactante instalación de Ángel Zabala, na Lonxa Vella de Camariñas

Exposicion de Angel Zabala
A impactante instalación de Ángel Zabala, na Lonxa Vella de Camariñas

Mentres espera polo Museo dos Naufraxios, a Lonxa Vella de Camariñas xa acolle diferentes iniativas. Así, este sábado, 2 de outubro, ás 12 horas, inaugúrase a instalación ‘Nit Mediterrània’, do artista pitiuso Ángel Zabala. Unha mostra impactante que estará exposta indefinidamente no interior do edificio, pero que poderá ver4se desde o exterior a través dun cristal.

A instalación está formada por unha única pero crúa peza, que invita a reflexionar sobre o drama da emigración ilegal e as duras condicións da viaxe que realizan milleiros de persoas ao atravesar o mar en busca dunha vida mellor. Camariñas é unha terra de naufraxios e, con esta mostra, busca darlle visibilidade a esta situación presentando a obra dun artista de gran potencia visual e compromiso social.

No acto inaugural participará o propio artista, a concelleira de Cultura, Encarna Liñeiro, o primeiro tenente de alcalde, Sergio Caamaño, e o comisario, Antoni Torres.

Angel Zabala en Camarinas

Novas relacionadas

Comentarios