A Deputación confirma o seu “total apoio” ao Museo dos Naufraxios de Camariñas
Esta pasada mañá de luns o presidente da Deputación, Valetín González Formoso, pasou por Camariñas ao tempo que anunciaba a súa candidatura para a presidencia do PSdeG.
Unha xuntanza coa alcaldesa, Sandra Insua; o concelleiro de Obras, Sergio Caamaño; a concelleira de Cultura, Encarna Liñeiro; e a concelleira de Igualdade, Begoña Tajes para analizar a viabilidade de varios proxectos “de grande interese para a meirande parte da veciñanza de Camariñas”,.
Falouse de iniciar os trámites para levar a cabo a segunda fase dos traballos no Paseo de Ponte do Porto, as beirarrúas en Camelle, a senda ciclista que unirá o cruce da estrada de Camelle ata a última vivenda en Va de Porco, unha senda desde o cemiterio de Camelle ata a entrada deste núcleo, as obras na rúa Ramón Noguera ou o Museo dos Naufraxios, na lonxa vella, un dos máis ambiciosos desta lexislatura.
Formoos confirmou que terán “total apoio” da entidade por ser un proxecto “de interese provincial”.
Así, xa se está traballando para que poida dar comezo o vindeiro ano, á espera dun proxecto de execución que estará dispoñible nun curto prazo de tempo.
NOVAS RELACIONADAS
- Maio 21: A transformación da Lonxa Vella de Camariñas no Museo dos Naufraxios colle músculo financieiro.
- 09-20: O proxecto de creación do Museo dos Naufraxios na Lonxa de Camariñas avanza.
- Xaneiro 2020: O Concello de Camariñas esixe a cesión da Lonxa Vella por parte da Xunta para albergar o Museo do Mar.
- 32 anos solicitando un Centro de Investigación de Arqueoloxía Subacuática.