Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Incautan 41 kg de polvo que non pasara pola lonxa

polvo ilegal en Camarinas
Incautan 41 kg de polvo que non pasara pola lonxa

Volveu pasar. A semana pasada cazaban 33 kilogramos de nécoras, 10 kilogramos de santiaguiños e dous lubrigantes sen pasar os controis procedentes de Camariñas. Este pasado xoves 2, un operativo do Seprona da Garda Civil incautaba 41 kg de polvo na vila do Encaixe que non pasaran pola lonxa.

Os axentes tiñan coñecemento da descarga do polvo, e vixiaron unha embarcación da terceira lista que se aproximaba ao peirao do pantalán, onde agardaban unha furgoneta isoterma coas portas traseiras abertas. Nun momento se realizaba a descarga do capacho, e cando intentaba saír do porto, os axentes a interceptaban.

Comprobaron o polvo que transportaba sen documentación que ampare o legal transporte, levantando unha denuncia e requisando os 41 kg de cefalópodo, que ao estaren vivos retonaron ao mar na costa camariñá. Nese momento os axentes tamén comprobaron que había exemplares de talla inmadura, de peso inferior a un kg.

.

Novas sobre furtivismo

 

Comentarios