sábado. 13.09.2025
El tiempo

Inícianse os traballos de mantemento de 836 puntos de luz en Camariñas, Ponte do Porto, Arou e Camelle

Mantemento iluminacion guindastre+
Inícianse os traballos de mantemento de 836 puntos de luz en Camariñas, Ponte do Porto, Arou e Camelle

O Concello de Camariñas deu comezo aos traballos de mantemento de 836 puntos de luz en diferentes lugares das parroquias de Camariñas, Ponte do Porto, Arou e Camelle. Un proxecto no que se invisten 74.000 euros de fondos propios co obxectivo de solucionar os problemas que había na iluminación pública exterior nos últimos meses.

A actuación permitirá modernizar o sistema e que sexa máis eficiente. Os lugares nos que se está a actuar son: Praza do Curro, Estrada Vilán, rúa da Fonte nº10, rúa Areal, rúa San Xurxo, lugar Curros nº1, lugar de Arou, e a praia de Camelle.

Os traballos que se levan a cabo son: en canto aos cadros de mando, substitúense os que sexa necesario e o resto acondiciónase, dotando de protección diferencial a todos os circuítos; adecúanse as redes de distribución aéreas e subterráneas aos regulamentos de aplicación, substituíndo as liñas e caixas de derivación danadas; e, por último, desprazanse os puntos de luz accesibles desde balcóns ou ventás e posta a terra da instalación a valores regulamentarios.

Comentarios