Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Inmersión lingüística nos Peares

Inmersión lingüística nos Peares
Alumnos do IES Ponte da Porto de inmersion linguistica nos Peares Alumnos do IES Ponte da Porto de inmersión lingüística nos Peares

Ata a vila de Feijoo se desprazaron 24 alumnos de 3º da ESO do IESP Pedra da Aguia de Camariñas, xunto con rapaces de outros centros de Galicia participantes no programa Escolas Embaixadoras. Foi para vivir unha experiencia única, unha auténtica inmersión ligüística en inglés.

Durante unha semana conviviron coa única presenza de monitores nativos e sen a posibilidade de utilizar os seus móbiles, polo que os rapaces non tiveron máis remedio que falar seguido en inglés cos compañeiros.Unha experiencia inesquecible e enriquecedora, moi curta segundo eles, pero que continuará para os que foron elixidos para ser os novos embaixadores junior do Parlamento Europeo.

Agora tócalles preparar o debate que o 14 de decembro terán cos 4 europarlamentarios galegos na Deputación de A Coruña.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/o-ies-pedra-da-aguia-afronta-un-axitado-curso-como-escola-embaixadora-do-parlamento-europeo/

Comentarios