Venres. 26.04.2024
El tiempo

O Instituto de Estudos Bergantiñáns retomou a súa actividade cunha andaina por Camariñas

Instituto Estudos Bergantinans de ruta por Camarinas
O Instituto de Estudos Bergantiñáns retomou a súa actividade cunha andaina por Camariñas

Dous anos despois de que se tivese que suspender aquela viaxe por Camariñas, o Instituto de Estudos Bergantiñáns recuperaba a súa actividade, precisamente visitando o fermoso concello soneirán. Medio centenar de persoas uníronse a unha ruta que partía do Faro Vilán, “o lugar máis emblemático desta costa”. Un Faro que estes meses permanece pechado a pesar da vontade da Asociación de Empresarios, entidade que mantén vivo o único Faro aberto de toda a Costa da Morte.

Do Vilán a Camariñas camiñando por baixos, coídos, cantís… que permiten espléndidas ponorámicas sobre Touriñán, A Buítra ou Muxía. Tocaba subir á Virxe do Monte para ver unha das ermidas máis importantes da comarca; e baixar cara a praia do Lago, punta Villueira, ata o castelo do Soberano, coñecido como o castelo Novo.

Tras unha parada para comer, pola tarde tocou coñecer a Camariñas máis urbana, nun núcleo “moi castigado por falta dun plan urbanístico, e que pouco ten que ver coa vila de casas brancas, que nos deixaron Ramón Caamaño ou José Vidal”, lamentaron os organizadores.

Non desaproveitaron para visitar o museo do Encaixe e a igrexa parroquial de San Xurxo, ampla e ben trazada, de finais do século XVIII, grazas ao aporte económico do emigrante local Domingo A. Rodríguez Canosa, pouco coñecido e recoñecido entre os seus fregueses, pero que temos que poñer á altura de beifeitores como Villar Amigo de Malpica, José Carrera de Corcubión ou Fernando Blanco de Lema de Cee.

Comentarios