Xoves. 12.09.2024
El tiempo

Intentan estafar a unha persoa maior de Camariñas facéndose pasar por ser un familiar retido no aeroporto

Intentan estafar a unha persoa maior de Camariñas facéndose pasar por ser un familiar retido no aeroporto

A Garda Civil do Posto de Camariñas investiga o intento de estafa a unha persoa de avanzada idade residente na súa demarcación. Os feitos iniciáronse cando a vítima recibiu chamadas desde varios teléfonos con prefixos de Francia e un desde Madrid, dunha persoa con acento sudamericano que se facía pasar por un familiar que estaba retido pola Policía no aeroporto.

Segundo a persoa que se facía pasar por un familiar, a Policía esixíalle o pago dunha multa inmediata de 2000€, a cal non podía pagar porque tiña o seu diñeiro e documentación dentro das maletas, tamén retidas pola forza. O diñeiro debía ser enviado mediante xiro postal ao suposto avogado do chamante.

A vítima, accedeu a realizar o pago nun primeiro momento, pero ao devolver as chamadas ao suposto familiar para comprobar por que non recepcionaba o diñeiro e realizarlle algunhas preguntas, descubriu que non era quen dicía ser, por retirouno a orde de xiro.

Comprobados os números de teléfono en Internet, coinciden con estafas denunciadas en foros de afectados por feitos similares.

Fonte

  • Garda Civil.

Comentarios