martes. 24.03.2026
El tiempo

LigadaCostaFEM: O Soneira, único equipo invicto do Fútbol da Costa, queda só no alto

Familia da SD Soneira lider da Liga da Costa Fem
Familia da SD Soneira celebrando o liderato no Irmandiño
LigadaCostaFEM: O Soneira, único equipo invicto do Fútbol da Costa, queda só no alto

Pinta campión o Soneira, e máis despois desta 16ª xornada, na que as de Rolando venceron ao Cerqueda e se aproveitaron da derrota do EF Juan Cabrejo nas Redondas para coller 5 puntos de vantaxe con 18 puntos en xogo por diante.

Por detrás, a praza de promoción estará axitada con Outes, Cabana e Corcubión pelexando en só 2 puntos de diferencia.

3ª Div. Fem., Gr.3, xornada 16

Soneira - Cerqueda (4-1)

11 do Soneira SD invicto

  • Soneira: Karen, Laura, Ana Mouzo, Leila, Cris, Sara Pasantes, Candela, Sara Agra, Kelly, Tamara e Kenny. Tamén: Daniela, Marcela, Uxía, Noa e Paula Carril.
  • Cerqueda: Inés, Alexia, Mariña, Uxía, Sar, Tati, Carla, Antía, Valeria e Kayla. Tamén: Aroa.
  • Goles: 0-1, m.2: Carla nun córner; 1-1, m.20: Kelly define no man a man; 2-1, m.25: Leila remata unha falta lateral; 3-1, m.37: Kenny; 4-1, m.85: Kenny de fermosa vaselina.

Comezaba o partido co gol visitante nun córner. Tocoulle ao Soneira remar, pero pronto comezaron aparecer ocasións con balóns ás costas da defensa adiantada cerquedá e á media hora xa lle deran a volta ao partido, a pesar das paradas de Inés.

Na segunda, o Cerqueda non subiu tanto a liña de presión e o partido apagouse.

Dubra - Corcubión (2-4)

  • Corcubión: Juliette, Alexandra Lojo, Carla, Cris, Antía, Sandra García, Andrea Rod., Andrea Romero, Lara, Sandra López e Jimena.
  • Goles: 0-1, m.11: Antía; 1-1, m.17: Carme; 1-2, m.31: en propia; 1-3, m.43: Sandra López; 2-3, m.71: Carme; 2-4, m.85: Andrea Romero.

Terceiro partido nunha semana para as corcubionesas, que chegaron 11 xustas e fixeron un gran esforzo e conseguiron superar a un mellorado equipo de Dubra. A calidade das Andrea Romero, Alexandra, Sandra… foron claves para o devir do partido.

Ponteceso - Zas (0-3)

11 do SD Ponteceso no Pinguel

  • Ponteceso: Candela, Sabela, Lucía Pena, Laura Rod., Julia, Iria Baneira, María Lema, Tania, Clara, Virgi. Tamén: Nerea, Maica e Elena.

Sporting Zas no Pinguel

  • Zas: Noelia, Valeria, Sara, Andrea, Carlota, Jimena, Laura, Lucía, Atenea, Nuria e Nerea. Tamén: Tania, Lara, Alvite e Alba.
  • Goles: 0-1, m.6: Nerea; 0-2, m.64: Andrea nun córner; 0-3, m.86: Nerea.
Ponteceso - Zas no Pinguel-Foto-Sp
Ponteceso - Zas no Pinguel-Foto-Sp

Chegaba o Ponteceso condicionado pola baixa de Claudia Oanes, que vai ser baixa o resto de partidos porque marchou de Erasmus para Portugal. O choque comezaba frouxo sen moitas ocasións por ningún lado pero na primeira chegada Nerea daba conta da súa pegada. Xa fixo dano ese tanto no bando local, que non conseguía chegar á área visitante, sufrindo o vento en contra.

A segunda metade foi de confirmación da vitoria zaseira.

Ponteceso - Zas no Pinguel-Foto-Sp 2
Ponteceso - Zas no Pinguel-Foto-Sp.
Ponteceso - Zas no Pinguel-Foto-Sp 3
Ponteceso - Zas no Pinguel-Foto-Sp.

A Baña - Xallas B (0-1)

  • Xallas B: Cali, Alba, Lucía, Patri, Carmen Pena, Dani, Valeria, Mar, Saray, Yaiza, Michelle. Tamén: Naiara, Marta, Sara, Carmen Pombo e Noa.
  • Gol: 1-0, m.67: Alba Vieito.

Partido que afrontaban as de Noe con moitas gañas xa que se trata dun rival no cal xogan varias xogadoras que pasaron polo cadro xalleiro. Comezaban as verdes con bastante intensidade a pesar das baixas, e aguantaron ata a segunda metade co 0-0, pero na segunda parte baixaron algo a intensidade e nun mal entendido entre unha das centrais e a “porteira” (Cali fixo por poñerse as luvas) levou a que elas meteran o gol que lles deu os 3 puntos.

Cabana - EF Juan Cabrejo (2-1)

11 do SD Cabana fem
11 do SD Cabana
  • Cabana: Aroa, Idania, Iria, Laura, María Souto, Inma, Irene, Nuria (María Gómez), Nerea, Silvia, Adriana (Natalie).
  • EF Juan Cabrejo: Maira, Lola, Rocío, Rosana, Uxía, María, Laura Pose, Aitana, Yara, Laura Paredes e Paula Mouzo.
  • Goles: 1-0, m.52: Nerea de córner directo; 2-0 m.75: Nerea cun golazo pola escuadra; 2-1, m.85: Laura Pose.

Partido marcado polas ausencias nos dous equipos con improvisadas porteiras que pese a todo cumpliron nas dúas cunha gran nota. Tanto Aroa no bando cabanés como Maira e María polas camariñás solventaron a papeleta.

O vento marcou o desenvolvemento do partido sobre todo no balón parado, coas de Juan Cabrejo levando o peso e conseguindo a mellor ocasión, un man de man de Yara á que Aroa respondia cun paradón. Cunha serie de córners con moito perigo, e mesmo un posible penalti a favor das visitantes, acabou o primeiro tempo.

Xa no segundo o Cabana saiu con ganas de aproveitar o factor vento e era Nerea quen marcaba de córner directo. Foron bos minutos das locais que poñian o 2-0 con un golazo de Nerea. Fóronse arriba con todo as visitantes e puxeron en apretos a portería local. Marcaba Laura Pose e ata o pitido final pelexaron un empate que non dou chegado.

Outes - As Miúdas (3-1)

  • Outes: Lía, Fátima, Nati, Alicia, Iria, Natalia, Carmen, Carla, Miriam, Erika e Gemma. Tamén: Candela, Antía, Sofía Lires, Marta Calvo, e Candela.
  • As Miúdas: Zaira, Carlota, Sabela, Nicole, Ana Romero, Salomé, Lucía, Alba, Clara, María González e Sofía. Tamén: Lola.
  • Goles: 0-1, m.14: María González; 1-1, m.32: Erika; 2-1, m.54: Gemma de penalti; 3-1, m.56: Iria coa axuda dunha defensa.

Por fin xuntou 16 Dani Salgueiro, incluída a gran Marta Calvo, que este ano está máis pendente do traballo e dos estudios que do fútbol tras moitos anos a un grandísimo nivel, como unha das pioneiras do noso Fútbol feminino.

O bando muradán aguantou moi ben o primeiro tempo, cunha presión moi forte, e conseguindo empatar o gol incial das locais, e mesmo puideron ir ao descanso con vantaxe.

Pero na segunda, as locais estiveron mellor co balón, e non sufriron tanto atrás, e puideron marcar dous goles rápidos que deixaron o partido case listo. Protagonismo para Iria, que volvía trras volver dunha lesión, así como outras compañeiras.

11 do Outes FC no Cunchido tras unha nova vitoria
11 do Outes FC no Cunchido tras unha nova vitoria
 

Crónicas da #LigadaCostaFEM

Crónicas da 1ª e 2ª Div.

Máis info

Comentarios