martes. 03.06.2025
El tiempo

Liberando libros

Liberando libros
Celebración do Día do Libro en Corcubión Celebración do Día do Libro en Corcubión

Fermosa iniciativa da a área de Cultura da Deputación da Coruña para celebrar o Día Internacional do Libro. O pasado sábado 22 de abril, a Deputación sacou á rúa 5.000 libros que foron agasallados en 30 concellos da provincia dentro do programa “Libros para sermos Libres”. Moitos deses libros acabaron nas mans de rapaces de Camariñas, Corcubión, Laxe, Mazaricos, Muros, Ponteceso, Santa Comba e Vimianzo.

Libros de edición do propio ente provincial entre os que se encontran as obras gañadoras de premios como o Torrente Ballester, o Rafael Dieste, o Murguía, o Castelao ou o González Garcés, ademais doutros que se refiren ás recentes conmemoracións como o Día das Artes Galegas coa artista Maruxa Mallo como protagonista. Entre a selección de títulos atópanse tamén clásicos como “Cousas” de Castelao, centro dun recente programa literario-teatral que se realizou en diversos concellos.

Unha das simbólicas entregas tivo lugar en Corcubión, cun rotundo éxito de participación de xentes de todas as idades. A responsable e as marabillosas colaboradoras da Biblioteca comezaron a repartir os libros na praza Castelao ao mediodía, con algún título tamén de fondos propios da Biblio corcubionesa. Os libros infantís e novela esgotáronse rápidamente. Tamén os dos premios da Deputación propios, como de Poesía e Teatro.

Exemplares de biografías como a de Maruja Mallo foron tamén de moito interese, inclusive para os rapaces do Colexio, xa que saben que a rúa do CEIP Praia de Quenxe, leva agora o nome desta artista vinculada a Corcubión.

Celebración do Día do Libro en Corcubión Celebración do Día do Libro en Corcubión

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).

Comentarios