Lidia Senra acentuou a hipocresía da UE en materia de migración na súa visita ao IES da Ponte do Porto


Segue en marcha o fantástico proxecto do IES Plurilingüe Pedra da Aguia da Ponte do Porto que achega á realidade política europea ás aulas. Desta volta, o pasado venres 27 recibiron a visita da eurodeputada galega Lidia Senra Rodríguez, encuadrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL). Senra mantivo unha animada charla con alumnos de 3º e 4º da ESO.
Foi unha visita máis crúa do habitual, que serve para acentuar a necesidade de ser críticos co que nos rodea. Aínda que os temas nos que se centrou foron as políticas agrarias e de pesca, que son nas que ela traballa principalmente, foi moi crítica co dobre rasero que utiliza a Unión Europea en temas como os dereitos humans e as migracións, lembrando que o pobo galego tamén buscou no pasado outras zonas para buscar unha mellor vida.
Lidia Senra é partidaria doutra Europa moita máis cercana aos cidadáns, que se preocupe máis polo emprego, pola igualdade real entre homes e mulleres e por uns servizos públicos de calidade.
Na quenda de preguntas, os alumnos abordaron todo tipo de temas, como o enganoso etiquetado do polbo para facelo pasar por galego, o desmantelamento da flota de baixura, o reparto desigual dos cupos que favorece aos arrastreiros, a polilla da pataca que tanto está afectando a varias comarcas da Costa da Morte, o chamado imposto do sol, a proliferación dos parque eólicos e o seu impacto negativo nas aves e no turismo, as reservas dalgúns países comunitarios a abrir as súas fronteiras aos inmigrantes africanos e sirios e, finalmente, a dicotomía entre militarizar Europa ou apostar pola paz e a diplomacia.

Debate
Foi unha charla moi interesante, antesala do debate sobre o futuro de Europa no que participarán estes alumnos o vindeiro 9 de maio, día de Europa, no hemiciclo da Deputación de A Coruña. Trátase dun evento que organiza Europa Direct A Coruña e que pondrá o punto e final neste curso ao programa de escolas embaixadoras do Parlamento Europeo, no que participou por primeira vez este Instituto, coa realización de diferentes actividades, como unha viaxe dos alumnos a varias institucións comunitarias en Estrasburgo e Bruxelas.Novas relacionadas
- O IES Pedra da Aguia recibiu a visita de tres ex parlamentarios.
- Os novos “Parlamentarios” do IES Pedra da Aguia comproban a importancia dos idiomas para moverse por Europa.
- Os novos Parlamentarios do IES Pedra da Aguia debaten sobre educación.
- O IES Pedra da Aguia continúa a súa inmersión europea con visitas ilustres.
- O IES Pedra da Aguia de Camariñas, nomeado para o programa de “Escolas Embaixadoras”.
- Os alumnos do IES Pedra da Aguia levan ao Parlamento Xove a problema do alcol na mocidade
- Da oratoria grega á retórica carballesa.
- O IES Pedra da Aguia recibe a visita de tres exparlamentarios.
- Vinte alumnos do IES Pedra da Aguia participan na “English Week”
- Estudantes do IES Pedra da Aguia participan nun curso de inmersión lingüística nos Peares
- O IES Pedra da Aguia participa no programa nacional de “Rutas científicas, artísticas e literarias”
- Do IES Pedra da Aguia ao Parlamento Europeo
- O alumnado do IES Pedra da Aguia visita o Parlamento Europeo
- A escritora Care Santos coñece o clube da lectura do IES Pedra da Aguia
- O IES Pedra da Aguia recibe a visita da escritora Care Santos
- O IES Pedra da Aguia participa nun torneo servido de polémica
- Estudantes do IES Pedra da Aguia participan nun curso de inmersión lingüística nos Peares
- O IES Pedra da Aguia participa no programa nacional de “Rutas científicas, artísticas e literarias”
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- IES Pedra da Aguia