Venres. 29.03.2024
El tiempo

Man volve por Nadal coas actividades MarArteNaufraxios

Man volve por Nadal coas actividades MarArteNaufraxios
A asociación cultural Dequenquén co patrocinio da Deputación de A Coruña e a colaboración do Concello de Camariñas, organiza as actividades denominadas MarArteNaufraxios vencelladas a figura de Man, co aniversario do seu pasamento e o entorno no que desenvolveu a súa vida cunha exposición sobre naufraxios en A Costa da Morte. A partir do 28 de decembro no Museo do alemá de Camelle a exposición Costa da Morte: Naufraxios, unha serie de paneis narra os acontecementos de naufraxios acontecidos en A Costa da Morte. O horario para a visita coincidira co horario do museo: Mércores e xoves 11:00 ás 14:00 horas. Venres, sábado e domingo de 11:00 ás 14:00 horas. 17:00 ás 19:00 horas. O 31 de decembro as 12:00 realizarase unha intervención escénica que narran momentos da vida do anacoreta, para asistir a esta representación dada a limitación da asistencia, unhas 25 prazas, a reserva farase directamente na web www.dequenquen.org por rigoroso orde de inscrición.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/maxia-risas-e-ilusion-no-nadal-de-camarinas/ https://quepasanacosta.gal/man-de-camelle-o-novo-libro-de-carmen-hermo-sobre-o-artista-aleman-presentase-no-culturgal/

Comentarios