Sábado. 06.06.2020
El tiempo

Mar de Fábula e o Colectivo PX organizan unha campaña de limpeza do areal do Trece

Mar de Fábula e o Colectivo PX organizan unha campaña de limpeza do areal do Trece
E tal e como o fixeron o ano pasado, os grupos ambientais Mar de Fábula e o Colectivo PX continúan coas súas campañas de limpeza de espazos emblemáticos da Costa da Morte. Mañá, sábado 10 de xaneiro, ás 10 da mañá un grupo de voluntarios concentraránse no restaurante O Ariño, de Xaviña (Camariñas) dende o que partirán para a zona do areal do Trece-Monte Branco. Aquí recollerán todos os plásticos e outros residuos para transformalos en xoguetes ou outras pezas atísticas. As dúas entidades teñen previsto realizar estas tarefas unha vez ao mes nas zonas de Nemiña, Touriñán, Traba de Laxe, Lobeiras, Carnota, Baldaio ou Barrañán; e dicir, pretenden limpar unha boa parte do LIC Costa da Morte. Chamamento á cidadanía O portavoz de Mar de Fábula, Xosé Manuel Barros, explica que “nestes primeiros días do novo ano, queremos transmitir á cidadanía a necesidade de asumir cada un de nos e sen máis demora, unha postura activa na conservación e defensa da nosa natureza, da nosa mar e da nosa ribeira”. Por iso, “a asociación Mar de Fábula e o colectivo ecoloxista PX da Costa da Morte, contando coa colaboración do concello de Camariñas, fan un chamamento a todos os que desexen participar na recollida e retirada de todos os plásticos acumulados nos coídos da praia do trece, ao pé do Monte Branco”. “Queremos comenzar o ano dunha maneira diferente. Queremos facer un traballo cargado de simbolismo. Desde o desastre do Prestige, nunca se fixo unha retirada de lixo nesta zona” indica Barros. O acto está aberto a toda a cidadanía. Os interesados en contactar cos organizadores poden facelo nos números de teléfono: 608609042 e 647484311; ou nos perfís de Facebook de Mar de Fábula e do colectivo PX da Costa da Morte.

comentarios