Mar de Fábula mobiliza ao voluntariado para limpar a praia do Lago
07:15 13/01/16
Os voluntarios de Mar de Fabula faran unha recollida dos plasticos que devolve o mar na praia do Lago
A asocación ecoloxista Mar de Fábula organiza para o vindeiro sábado, 16 de xaneiro, unha xornada de limpeza na praia do Lago, en Camariñas. A cita, á que están convocados todos os voluntarios que desexen participar, comeza ás 11 horas.
Con esta actividade, Mar de Fábula pretende concienciar á poboación sobre os principais desafíos da humanidade que segundo o programa do medioambiente das Nacións Unidas son o cambio climático, a acidificación dos océanos, a pérdida de biodiversidade e a acumulación de plásticos no mar. Desta forma, a entidade ecoloxista promove pequenas accións a nivel local coas que se contribúen a resolver os grandes problemas a nivel global "por iso queremos seguir facendo o que está ao alcance das nosas mans: retirar os plásticos do mar", indican dende Mar de Fábula.
Para levar a cabo a actividade de limpeza do vindeiro sábado, contan co soporte loxístico do concello de Camariñas.
Novas relacionadas
- O impacto ambiental dos bastóns de algodón
- Mar de Fábula e as mariscadoras recuperan a enseada da Basa
- Os voluntarios de Mar de Fábula curan a ferida plástica do Coído de Touriñán
- Mar de Fábula prantexa unha limpeza ecolóxica para recuperar a dignidade do Coído de Touriñán
- Unha fábula moi ecolóxica.
- A Costa móllase polas súas praias.
- A veciñanza salva os areais.
- Limpeza Simultánea 2013: Limpando praias e conciencias.
- Plásticos que invanden areais.
- Loitando contra a invasión do plástico.
- Crebas en forma de tartaruga e chapapote en Fisterra.
- Redacción QPC ([email protected])
- Mar de Fabula