Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Mar de Fábula convoca para este sábado unha nova limpeza na praia camariñá de Lago

A praia do Lago necesita a tua axuda
A praia dw Lago necesita a túa axuda
Mar de Fábula convoca para este sábado unha nova limpeza na praia camariñá de Lago

Despois da limpeza do Xardín-Museo de Man, a familia de voluntarios de Mar de Fábula non para, e xa prepara unha nova saída. Será este sábado 3 de abril, ás 11:00 horas na praia de Lago, a de Camariñas.

A entidade lamenta non ter podido saír durante estes pasados meses, aínda que considera que “non hai actividade máis esencial que a loita contra a degradación ambiental, unha das causas da traxedia que estamos a vivir”.

”Con esta acción ambiental iniciamos un proxecto de limpeza integral do ecosistema mariño-fluvial da ría de Camariñas e de conexión da xente co seu territorio”, explica Xosé Manuel Barros.

Seguindo as pautas sanitarias marcada pola Xunta de Galicia, Formaremos 3 grupos de 6 persoas máximo. Cada voluntario deberá enviar nome, apelidos, DNI e número de teléfono ao correo [email protected] ou chamar ao tlfno 608609042.
Todos os participantes deberán levar máscaras de protección e luvas de traballo.

Novas relacionadas

Comentarios