Xoves. 22.04.2021
El tiempo

"É lamentable que a xente siga entrando, fumando e tirando as cabichas no Museo Xardín de Man"

Exif_JPEG_420
Familia de Mar de Fábula e da Asociación de Veciños de Camalle na limpeza do Museo Xardín de Man
"É lamentable que a xente siga entrando, fumando e tirando as cabichas no Museo Xardín de Man"

O tempo pasa e o Museo Xardín de Man vaise degradando. Así o comprobaron os [email protected] de Mar de Fábula e da Asociacion veciños de Camelle que organizaron esta fin de semana unha simbólica e efectiva limpeza do espazo.

Os participantes nesta acción medioambiental recolleron en dúas horas todo isto: 2 estachas, 450 anacos de espumas de porexpan, 17 latas de cerveza, 52 cabichas, 38 envases de lentillas (aínda seguen aparecendo...!), 20 envases e botellas de plástico, 80 cordas e cordeis, 8 máscaras, 50 tapas e tapóns, 23 bastonciños de algodón, 1 nasa, moitos anacos de plástico rotos, desgarrados, con tendencia ao infinito…

Dende as entidades lamentan que a xente non faga caso dos letreiros que deixan claro que non se pode pasar, facendolle dano irreparable aos bolos-arte de Man. Denuncian tamén que aínda hai xente que fuma no lugar e tira as cabichas, algo que parece que debería termossuperado.

Dende o mar, os detritos mariños que invaden o noso litoral, non respetan este recuncho único e singular.

Exif_JPEG_420

”A Asociación de veciños de Camelle e Mar de Fábula seguiremos limpando o Museo Xardín de Man porque, unha ruína se está limpa, é menos ruína”, avisan.

Novas relacionadas

comentarios