luns. 08.06.2026
El tiempo

Marta Castro estrea un conto para nenos cheo de diversidade en Camariñas

Marta Castro co seu libro
Marta Castro estrea un conto para nenos cheo de diversidade en Camariñas

Natural de Becerreá, ten o destino definitivo en Camariñas. Marta Castro é mestra de educación primaria e especialista en audición e linguaxe e en pedagoxía terapéutica. Unha desas codiciadas AL e PT que tando desexan os centros de todo o país ante os recortes da Xunta en materia de educación, pero que ten praza fixa no centro camariñán.

Está xa ta arraigada que o seu primeiro libro está baseado na nosa terra. ”O Faro das Mil Cores” abidibú Ed.] é un conto para nenos, que fomenta o respecto pola diversidade.

Saíu á venda hai unhas semanas e este venres 12 de xuño, será a súa presentación no Museo de Encaixe de Camariñas.

O libro ten numerosas referencias a Camariñas, como o encaixe, ou o propio Faro, baseado no máxico Vilán. Conta a historia de Maxi, que nace nunha vila mariñeira onde a xente vive coma sempre, traballa coma sempre e xoga coma sempre. Pero el é diferente. Ao principio, a vila non o acolle da mesma forma que a calquera outro neno, ata que un día de tormenta acontece algo inesperado que o converterá no heroe da vila.

Marta Castro co seu libro no Faro Vilan
Marta Castro co seu libro no Faro Vilán

Comentarios