Mércores. 24.04.2024
El tiempo

#MercaenCamariñas, tamén por Nadal

Merca en Camarinas campana comerciolocal
#MercaenCamariñas, tamén por Nadal

Continúa en marcha o ‘Merca en Camariñas, consume no teu Concello’,, esa campaña para incentivar á veciñanza a consumir localmente. Faino ademais pensando nas compras de Nadal, para as que que o Concello invita aos negocios a unirse.

A campaña, que estará activa ddende o 14 de decembro ao 4 de xaneiro, servirá para promocionar polas redes sociais municipais os establecimentos que queiran participar. É dicir, o Concello fará fotos e vídeos dos produtos estrela que quere promocionar cada comerciante ou hostaleiro, por exemplo: as centolas dunha peixería, o bolso dunha tenda de roupa, o xamón do ultramarinos… para logo, difundilas a través das redes sociais do Concello de Camariñas (Facebook, Twitter e Instagram) indicando o comercio e o seu contacto (sen prezos).

Para adherirse, poden contactar en [email protected]" ou responder á comunicación enviada pola concelleira de Comercio, Lara Pasantes, a través de Whatsapp.

Comentarios