Venres. 29.03.2024
El tiempo

‘MerCamariñas', unha central de venta online para o comercio local

Prensa Lara Pasantes MerCamariñas
Lara Pasantes MerCamariñas
‘MerCamariñas', unha central de venta online para o comercio local

Interesante proxecto do Concello de Camariñas para axudar ao comercio local a sumerxirse na rede. Lanzará proximamente ‘MerCamariñas’, unha central de venta online para os establecementos do municipio que nace co obxectivo de adaptalos ao comercio electrónico para que poidan vender os seus produtos a través de Internet.
Adherirse a esta campaña é totalmente gratuíto e aqueles negocios que o fagan contarán cun espazo propio da súa tenda dentro da web para poder así vender e xestionar os seus produtos.

O portal estará xestionado tecnicamente pola empresa local WP Nordés e os comerciantes só se terán que encargar dos produtos que poñan á venta e de promocionar o seu espazo virtual a través das redes sociais.
 

Comentarios