Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Novo espectáculo deportivo-natural do Descenso en Kaiak Ponte do Porto-Camariñas

Novo espectáculo deportivo-natural do Descenso en Kaiak Ponte do Porto-Camariñas
Descenso Kaiak da Ponte do Porto 1

Menudas imaxes deixa este Descenso de Kayak Ponte do Porto-Camariñas, organizado polo propio Club Náutico na súa sétima edición. 180 padexeiros disfrutaron da beleza da ría camariñá e baixaron dende a Ponte ata o peirao de Camariñas, a golpe de remo.

Os directivos do club e organizadores do evento Alberto Ayora e Alberto Luaces só poden felicitar a todos os participantes, que completaron unha nova marca en canto a número de inscritos. Un xeito de contribuir a reforzar o turismo náutico na Costa da Morte cun evento que sigue marcando récords e buscando novas metas.

O descenso comezaba na ponte, tardando unha media hora en chegar á praia de Ariño, en Xaviña. A seguinte parada foi na praia de Lingunde en Camariñas e rematando coa chegada ao Club Náutico de Camariñas, cando tocaba turno da reposición de forzas a base de bebida, empanada e riquísimo churrasco que fixo recuperar case de inmediato a enerxía dos participantes.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/o-descenso-en-kaiak-da-ria-de-camarinas-a-vista-de-dron/

Comentarios