Martes. 23.04.2024
El tiempo

O alcalde de Camariñas aos xulgados pola contratación por parte do Concello dos seguros da súa empresa

O alcalde de Camariñas aos xulgados pola contratación por parte do Concello dos seguros da súa empresa
Mapfre Pichurri

O voceiro do PP de Camariñas, Daniel Rego, informa de que chegou un Auto do Xuiz do Xuzgado nº 2 de Corcubión (o mesmo xuíz que leva o caso da Operación Orquesta), referente a denuncia contra M. Valeriano Alonso de León, coñecido como "Pichurri", realizada polo PP camariñán, pola contratación dos seguros do Concello coa empresa do Alcalde.

O Xulgado admite así a trámite a denuncia do PP por un presunto delito de "autocontratación e negociación prohibida a funcionarios". I é que segundo Rego, "o rexidor Camariñán contrataba as pólizas de seguros do Concello con unha sociedade mercantil da que é administrador único".

Historia do proceso

Os feitos remóntanse a 2009 cando veciños do Concello remitiron a través de anónimos a sede dos populares información sobre "supostas irregularidades" en torno a contratación dos seguros do Concello de Camariñas a empresa Pichurri,S.L.". Ante estas informacións chegadas en varios anónimos o longo de distintos meses, o Grupo Municipal popular inicio as súas investigacións propias para tratar de confirmar estas informacións, chegando a octubre de 2010, cando solicita copias da documentación relativa aos contratos de seguros que mantén o Concello Camariñán, petición que "foi desoida pola Alcaldía". En novembro do mesmo ano e en febreiro de 2011, volveuse reclamar a copia da documentación "obtendo a mesma resposta por parte da alcaldía".

Finalmente, o 21 de febreiro de 2011, o PP remite un escrito a alcaldía indicando que "en caso de non cooperar acudiriamos aos tribunais pois estabamos amparados polas leis e mesmo pola Constitución Española". Aí é cando comprobaron os membros da oposición que "as pólizas do Concello de Camariñas, presidido por Manuel Valeriano Alonso "Pichurri", foron contratadas a Axencia Aseguradora da que é titular a sociedade Pichurri S.L., desoindo as indicacións incluidas no Informe de reparo emitidas polo interventor municipal", denuncia o PP.

Máis información

Fonte

  • Nota de prensa do PP de Camariñas.

Comentarios