Xoves. 25.04.2024
El tiempo

O BNG apoia a folga ante o aumento da precariedade laboral da Reforma

O BNG apoia a folga ante o aumento da precariedade laboral da Reforma

O portavoz do BNG no Congreso, Francisco Jorquera, achegouse esta fin de semana a Cee para animar á veciñanza a participar na folga deste xoves 29 de marzo. Jorquera avisa que "a reforma laboral do Goberno Rajoy garante máis paro, a baixada dos salarios e maior precariedade para os traballadores, as mulleres e a mocidade, as grandes vítimas desta desfeita laboral”.

Jorquera realizou estas afirmacións nun acto sobre as consecuencias da reforma laboral en Cee, onde dixo que o Real Decreto Lei de Reforma Laboral vai aplastar “os avanzos conseguidos no terreo da igualdade posto que empiorará a xa precaria e discriminatoria situación laboral das mulleres”.

O deputado do BNG lembrou "a brecha laboral existente entre homes e mulleres que supera o 22%, así como o feito de que a contratación parcial é unha modalidade típicamente femenina que asume o 76%".

O deputado do BNG contra-argumentou as afirmacións do PP de que a reforma laboral está dirixida aos parados. “Non hai tal diminución do paro, ao revés, todos e todas podemos ver que as cifras de desempregados parecen non ter fin e non para de incrementarse. De feito, o mesmo Rajoy recoñeceu que este ano habería uns 600.000 parados máis”. Jorquera tamén advertiu das consecuencias nefastas que “todo esta desfeita vai ter na Seguridade Social”.

"Precariza as condicións da mocidade"

Lembrou Jorquera que "a mocidade soporta a maior taxa de paro que no Estado español é do 50%. As medidas contidas na reforma laboral impulsan unha maior precarización laboral da que xa son vítimas". Padecerán unha flexibilidade total, palabra de moda no PP. Os mozos e as mozas teredes que soportar unha maior flexibilidade na contratación cun ano de periodo de proba. Non verdades de vista que amplían o tempo, a diversidade de actividades e a idade para a contratación por formación até os 30 anos, convertindo a un traballador nun eterno aprendiz”.

Apoio dende Camariñas

Un dos grupos que manifestou o seu apoio á folga é o BNG de Camariñas. O grupo opositor, dentro da campaña a prol da Folga Xeral, repartiu no día de onte folletos informativos das consecuencias negativas da reforma laboral do PP para os traballadores/as, para o pequeno comercio e para os veciños e veciñas de Camariñas:

Esta reforma laboral está pensada para beneficiar as empresas transnacionais e as grandes cadeas e perxudicará ás pequenas empresas, ao pequeno comercio e a hostalaría. Porque poderán baixar os seus prezos, porque esta reforma permite baixar os salarios do seu personal e obrigalos a traballar máis horas. Permite a flexibilidade horaria na que poderán abrir máis horas e polo tanto ampliaráse máis festivos e domingos. Ao baixar os salarios de xeito masivo, empobrecerá á poboación e deprimirá máis a economia. Esta reforma está pensada para os máis ricos, que non pagan impostos. A inspección de Facenda estima que o ano pasado as grandes empresas evitaron o pagamento de 84.000 millóns de euros a Facenda, porque a desvian a paraísos fiscais. Pero as pequenas empresas e o pequeno comercio teñen que pagar, igual que os traballadores/as. Esta Reforma Laboral vai a xerar máis paro, tal como xa ten recoñecido o PP, e non vai a xerar emprego, aumentando deste xeito a brecha social que neste ano xa é similar a do ano 1995 ( Índice de Gini 0,347). Para evitar esta situación hai que ir a Folga para anmosarlle ao Partido Popular que non conta co apoio da maioria social.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do BNG Comarcal.

Comentarios