O Cemiterio dos Ingleses volverá celebrar o 123 aniversario do naufraxio do Serpent

Sen dúbida, falamos dunha das celebracións máis simbólicas que se fan na Costa da Morte. Nun lugar tan afastado da civilización como o O Cemiterio dos Ingleses, unha densa noite de novembro, co mar bravo como telón de fondo, é bo momento para que comecen a soar os violíns.

Así se dá cada ano a Homenaxe ao naufraxio do Serpent, en memoria do afundimento dese barco acoirazado da mariña británica que un 10 de novembro de 1890 ás 22:30h afundía na Punta do Boi. Un episodio no que pereceron 172 tripulantes e tan só 3 sobreviviron, sendo as vítimas que enterradas no lugar.

E despois de 123 anos, seguimos homenaxeando aos náufragos do Serpent. E o facemos gracias á iniciativa do escritor Juan Campos e do delegado da Real Liga Naval Española en Galicia, José Manuel Pato González, que dende hai 5 anos sitúan esta data no panorama de eventos simbólicos da Costa.

A homenaxe será o propio domingo 10 de novembro ás 22.30 no cemiterio dos Ingleses (praia de Trece), Camariñas. Se o tempo o permote, trala tradicional entrega de flores, lerase o relato "As Flores da Memoria" que forma parte do novo audio para móbiles "Ruta dos Naufraxios", que dá información sobre 63 naufraxios e 4 puntos de interese situados na costa do Concello de Camariñas.
Ademais o "Coro Municipal de Abrandares de Camariñas" mesturará as súas voces co son da ondada, cantando "O Serpent" e "A roupa do mariñeiro".

Máis información

Novas relacionadas

Recunchos da Costa

Novas de naufraxios

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).