Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Costa da Morte, marco perfecto para o Necroturismo

Costa da Morte, marco perfecto para o Necroturismo
Unha de necroturismo-Foto de Marcos Rodriguez no Cemiterios dos Ingleses

Vimos de descubrir un novo concepto: o necroturismo. E si, parece que existe, e que hai xente que efectivamente segue os rastros dos cemiterios máis simbólicos para plantexar as súas viaxes. Pero repasando algúns camposantos do noso territorio non é de extrañar. De feito, varias necrópole da Costa da Morte forman parte da nova ola turística en clave de óbito, unha práctica moi habitual en toda a Europa viaxada.

Podemos achegarnos ao valioso Conxunto Monumental de Moraime, en Muxía, cun cemiterio cheo de xoias. Ou ao simpático cemiterio de cores de Dumbría. Pero hai outros dous que posiblemente gañan en simbolismo e poder de atracción.

Morte na fin do mundo

Cemiterio do Cabo Fisterra-Foto- Marcos Rodriguez

Un atopámolo en Fisterra, no Cabo do Fin do Mundo, onde curiosamente van máis vivos que mortos. Aínda non hai ninguén baixo terra, e os visitantes chegan máis vivos que a San Andrés de Teixido. O O Cemiterio do Cabo Fisterra é galardoado en ducias de certames e milleiros de peregrinos imaxinan ao pasar un soño nas ladeiras do Promontorio Nerium mirando o mar.

Esta paradoxa, a do cemiterio sen mortos, explicase pola dimensión internacional do traballo de César Portela, que pensou máis en global que en local ao deseñar o cemiterio. E como no mundo se entende que o sacramental é un elemento arquitectónico de importancia cultural máis na vida dun país, a visita a este espectacular espazo é vital.

 Cubiculo-baleiro-do-Cemiterio-de-Fisterra

Unha oda aos naufraxios

Cemiterio dos Ingleses en Camariñas- Foto- Marcos Rodríguez  Cemiterio-dos-Ingleses-en-Camarinas

Hai outro lugar na zona que merece reseña. Non só por ser o único de Galicia que forma parte do catálogo de cemiterios singulares da Asociación Europea de Cementerios Singulares, entidade que pretende recuperar e poñer en valor o patrimonio funerario mundial. Se non porque a visita ao Cemiterio dos Ingleses é verdadeiramente sobrecolledora. Como o é a anual homenaxe que alí se fai aos finados no naufraxio do boque Serpent en 1890.

O espazo, a medio camiño da impresionante ruta entre Camelle e o Cabo Vilán, enclavado na Ensenada do trece, un dos sistemas dunares de maior valor ambiental da Costa da Morte, todo o que rodea ao cemiterio é lenda, é natureza, é historia.

Por cousas como estas entendemos que xa comecen a chegar as Rutas Necrófilas pola zona. Esperemos que sexan só de turistas europeos.
E ollo, non se vaian atopar con Don Crisanto por aí…

Novas relacionadas

Recunchos da Costa

Máis novas

Fonte

Comentarios