Luns. 07.10.2024
El tiempo

O Día da Muller, esa data que non debería existir

O Día da Muller, esa data que non debería existir
Un debuxo de VIki Rivadulla para conmemorar o Dia da Muller Un debuxo de VIki Rivadulla para conmemorar o Dia da Muller Despois do éxito da I Gala Solidaria do Día da Muller, a Organización Feminista Buserana quere ter presencia este 8 de marzo, Día da Muller, con este comunicado tan claro como necesario. Ademais, repasamos as citas que organizan concellos e organizacións para estes días:

Comunicado das Buseranas polo Día da Muller

Outro ano máis atopámonos conmemorando unha data que nun mundo normal non debera existir, porque iso significaría que ningunha muller sofre discriminación algunha polo simple feito de selo. Pero se o Día da Muller existe é porque esa pretendida normalidade está lonxe de acontecer, e tal celebración parece cobrar aínda máis sentido a pouco que miremos arredor noso ou nos mergullemos nas páxinas de calquera xornal onde o abuso, a violencia e mesmo o asasinato acaparan titulares coas mulleres coma protagonistas e, sobre todo, coma vítimas. Pero paradoxicamente ese balbordo mediático case nunca trascende en nada máis que breves pésames institucionais ou algunha liña nos programas electorais cando chega o periodo de eleccións. Pero nada que realmente garanta a unha muller que o seu acosador non se salte a orde de alonxamento e de súpeto o recoñeza entre o fume dos disparos que acabarán coa súa vida no medio da rúa. Nada que impida que un maltratador pague a súa vinganza cos fillos, asegurándose así de matar a nai na peor das mortes: na que sofres estando viva. Nada que alivie ir a traballar cando o menos que esperan de ti é que "sexas un pouco puta", coma rezaba ese anuncio que buscaba camareira onde o requisito menos importante era a súa aptitude profesional. Novas formas de discriminacións e vexacións no ámbito laboral que se viron incrementadas nestes tempos de crise onde nós, as mulleres, imos perdendo o terreo ganado a base de loita e esforzo. Hoxe, a palabra "conciliación" volver ser algo parecido a un eufemismo, un artículo de máis luxo que eses bolsos de marca cos que agasallan ás mulleres dos políticos os que queren algo deles. Agora, non só podes optar a cobrar menos por desempeñar o mesmo cargo que un home, agora directamente quizais teñas que deixar o posto porque as cargas familiares impiden que traballes fora da casa e, como che din eses que un día deixaron de conceder axudas á dependencia ou becas de gardería ou comedor escolar "quen mellor ca ti para coidar ós nenos ou ós avós". Xa traballa teu home, vas estar coma unha raíña na casa. E quererán que te sintas afortunada porque aforrarás sentirte intimidada nesas entrevistas de traballo onde mirarán primeiro o escote que o currículum, ou o longo da saia ou a altura dos tacóns por se o que queres é provocar para logo andar queixándote de que te sintes acosada. Que agora a todo lle chaman machismo. A impotencia ten unha vez máis faciana de muller na incomprensión occidental cara os refuxiados de países en guerra provocadas xeralmente polos occidentais na procura dos seus intereses. Nais que só buscan acubillo para criar os seus fillos na paz, atravesando mares e fronteiras, xogándose a vida, a súa vida, esa que alumbra ós homes que han ser os seus asasinos, os seus verdugos, os que as condeen ao desterro sen ter en conta que sen elas, sen nós, non darían nacido. Pero o único que nunca poderá matar ningún home nunha muller é a súa forza de vontade, por moitas que sexan as dificultades ás que se teñan que enfrontar. Nós, as mulleres da Marcha Mundial das Mulleres seguimos traballando na construción doutro mundo posible, reafirmándonos na resistencia, o enfrontamento e a construción de alternativas ao actual modelo patriarcal, e capitalista, construíndo e actualizando o feminismo como un proxecto que garante a igualdade entre todas as mulleres, nunha sociedade de homes e mulleres libres e iguais, sen opresións étnicas, relixiosas e con libre exercicio da nosa sexualidade. Estamos pola destrución do capitalismo e a construción dunha economía feminista e solidaria, alterando os patróns de reprodución e produción, distribución e consumo, ademais de recoñecer e valorar o traballo doméstico e de coidados como algo fundamental para a sustentabilidade da vida humana. Para todo isto, esiximos políticas emancipatorias construídas en base á soberanía alimentaria e popular. Afirmamos que a auto-organización das mulleres é a nosa estratexia de fortalecemento como suxeitas políticas, que construímos unha forza mundial, en alianza cos movementos sociais que comparten a loita anti-capitalista e por unha sociedade baseada nos valores da liberdade, a igualdade, a xustiza, a paz e a solidariedade.
  • Asdo.: As Buseranas na Marcha Mundial das Mulleres.
 

Día da Muller en Muros

Polo Día Internacional da Muller, o Concello de Muros realizará unha homenaxe ás mulleres máis lonxevas de cada parroquia, ás cales recibirán un agasallo elaborado pola Asociación ADIBISMUR. Trátase dun encontro interxeracional, na que nenos e nenas do Concello lerán un manifesto e poderán entrevistar ás homenaxeadas. Así mesmo, contaremos coa presenza de mulleres que desenvolven a súa labor profesional en ámbitos que ata fai poucos anos non eran moi común atopar mulleres. Esta actividade realizarase no auditorio do Centro Cultural e Xuvenil, ás 10:30 h. e é de entrada libre.  

Día da Muller en Mazaricos

8 de marzo en Mazaricos A entidade #‎EuSonMazaricos xunto co Concello de Mazaricos organiza un programa de actividades dedicado ás mesmas, en favor da igualdade. O sábado 12 haberá photocall “Eu son muller MZ”, e unha charla de motiva-acción, acompañada coa actuación das bravas amas de casa.  

Día da Muller en Camariñas

A Concellaría de Servizos Socias de Camariñas organiza varias actividades nos centros escolares do municipio co motivo do Día da Muller Traballadora, dirixidas aos nenos dende terceiro á sexto curso de Educación Primaria. Os días 16 e 18 de marzo levaranse a cabo no CEIP de Primaria da Ponte do Porto e o día 17 no colexio de Camariñas. Todos os grupos de nenos traballarán sobre os valores en igualdade e abordaranse as diferencias de oportunidades entre homes e mulleres, así como as diferencias salariais que aínda existen actualmente entre os dous xéneros. Para eso, primeiro levarase a cabo a representación da obra “Arturo e Clementina”, unha versión do conto de Adela Turín, e despois farase unha reflexión conxunta sobre esta obra.  

Día da Muller en Laxe

laxe marzo mes da muller O domingo 13 de marzo, continúan as actividades que reivindican a figura da muller coa obra de teatro “Universos de Cores” en Laxe. Será ás 18 horas no salón de actos municipal. Será alí tamén onde se entreguen os premios do concurso plástico “A muller da miña vida”.  

Día da Muller en Carballo

O martes 8 de marzo, no marco do InFORUM haberá ás 20.00h o Encontro de mulleres: microponencias sobre experiencias emprendedoras con participación libre. Ademais, haberá Degustación de produtos locais e Photocall reivindicativo. Elas tamén serán as protagonistas da xornada no Fórum Carballo, que acollerá a partir das 20.00 horas un encontro de mulleres no que compartirán un aperitivo e as súas experiencias laborais e de emprendemento. O número de prazas é limitado, e as interesadas poderán anotarse a partir do día 1, tamén a través das redes sociais do Fórum Carballo, do correo electrónico [email protected] ou do número de teléfono 981 709 011.  

Dúas Bolsas e un certame da Deputación

Dia da Muller Deputacion A nova convocatoria das bolsas de investigación da Deputación da Coruña inclúe, como novidade, a creación de dúas bolsas para a área de estudos de xénero. A iniciativa afonda na liña da área de incentivar a igualdade desde o ámbito da cultura. Dúas novas bolsas de investigacións na área de estudos de xénero incorpóranse á convocatoría da Área de Cultura da Deputación da Coruña desde a que cada ano se promove a investigación nas áreas de ciencias sociais e xurídicas, ciencias, ciencias da saúde, enxeñería e arquitectura, artes e humanidades. Outra das novidades é tamén a inclusión da área de planificación sociolingüística da lingua galega na relación de bolsas. A dotación das bolsas é de 160.000 € (8.000 € cada unha) e poderán participar na convocatoria as persoas con titulación universitaria residentes na provincia da Coruña que pretendan realizar un traballo de investigación. Ademais, convidan a participar nun “selfie”pola igualdade que se desenvolverá nas instalacións da sede institucional, no Pazo Provincial. A campaña empregará o hastag #aíndanon8demarzo nas redes sociais da Deputación da Coruña, de cara a reflexionar sobre aquelas cousas que “aínda non” conseguimos en prol da igualdade de xénero.

Día da Muller en Vimianzo

Na biblioteca Municipal haberá unha sección denominada Recuncho violeta no que se poderán colsultar diversas obras en clave feminista, tanto para publico adulto como para público infantil. A fachada da Casa do Concello lucirá unha pancarta conmemorativa dese día e deseñou e distribuiu un cartaz conmemorativo. A Asemblea Local da Cruz Vermella instalará un photocall no que todas as persoas interesadas poderán fotografiarse. Durante a mañá estará na praza da rúa Castelao e pola tarde na zona do parque infantil na rúa Rosalía de Castro. O día 7 de abril no IES Terra de Soneira desenvolverase un obradoiro para concienciar á mocidade acerca da igualdade entre homes e mulleres, denomínase Contamos todas e será desenvolvido pola Tropa de Trapo.  

Día da Muller en Santa Comba

Dia da Muller en Santa Comba  

Día da Muller en Carnota

Dia da Muller en Carnota O propio martes 8 teremos a ocasión de ver, ás 19:00h no Salón de Actos do Concello de Carnota, unha curta en clave local, na que veciños e veciñas son os protagonistas, falando sobre o papel da muller. Ademais, despois toca coloquio.  

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios