xoves. 06.11.2025
El tiempo

Camariñas recupera a celebración do aniversario do naufraxio do Serpent

Cemiterio dos Ingleses nocturna-Camarinas
Camariñas recupera a celebración do aniversario do naufraxio do Serpent

135 anos se cumpren este 10 de novembro, ás 22:00h, do afundimento do torpedeiro británico HMS Serpent. Afundido en 1890 fronte á Punta do Boi, o do Serpent é o naufraxio máis importante da Costa da Morte. Durante anos organizáronse actos solemnes á hora do afundimento, e nesta data, o Concello recupera o acto cunha programación de homenaxe que lembran aquel tráxico suceso que marcou para sempre a historia e a identidade mariñeira de Camariñas.

CARTEL SERPENT

Os actos darán comezo este domingo, 9 de novembro, ás 20:00 horas, no Faro Vilán, cunha representación teatral titulada “Naufraxios”. Será a compañía Aantena a que recupere o fermoso proxecto que cumple ademais 10 anos. A proposta, que naceu no Cemiterio dos Ingleses en 2015, regresa así ao seu punto de orixe 

O luns 10 de novembro, ás 12:00 horas, celebrarase a tradicional ofrenda floral no Cemiterio dos Ingleses, en lembranza dos mariñeiros falecidos no naufraxio do Serpent. A continuación, ás 13:00 horas, terá lugar no Museo do Alemán de Camelle a inauguración da exposición “Serpent”, que permanecerá aberta ao público do 10 de novembro ao 15 de decembro.
“Chegar aos dez anos é un privilexio. Naufraxios naceu como un acto de memoria e converteuse nun espazo de encontro co territorio e coa xente que o habita”, sinala o seu creador, Bernardino Martínez, camariñán e guía das rutas patrimoniais do proxecto.
 

Naufraxios escena de Aantena
Imaxe dunha escena de Naufraxios. Foto: Marcos Boedo (Aantena)

Como colofón, do 1 ao 15 de decembro, a Casa de Pedra acollerá a exposición “Prestige”, unha mostra que conecta dous fitos do noso litoral: o afundimento do Serpent e a catástrofe do Prestige, unidas pola memoria, a solidariedade e o mar.

Máis novas do Serpent

Comentarios