O encaixe de Camariñas chega ao Parlamento de Galicia
07:05 12/01/16
Pilar Rojo recibiu a manteleria elaborada por palilleiras de Camariñas
Unha mantelería de encaixe elaborada polas palilleiras de Camariñas colgará dende onte nunha das salas de exposicións do Parlamento de Galicia.
A presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo Noguera, foi a encargada de recibir o agasallo da man do alcalde Camariñas, Manuel Valeriano Alonso, da tenente de alcalde, Sandra Insua; a presidenta da asociación Rendas, Virtudes Rodríguez; así como a vicepresidenta segunda do Parlamento, María Soledad Soneira.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).