Martes. 23.04.2024
El tiempo

O IES Pedra da Aguia participa nun torneo servido de polémica

O IES Pedra da Aguia participa nun torneo servido de polémica
O xurado destacou a boa elecuencia nos discursos dos alumnos do IES de Camariñas O xurado destacou a boa elecuencia nos discursos dos alumnos do IES de Camariñas Catro alumnos e alumnas do IES Plurilingüe Pedra da Aguia, de Camariñas, participaron a pasada fin de semana no programa "Parlamento Xove" que tivo lugar no recinto da Univesidade Laboral en Culleredo e no que participaron  24 equipos galegos de 3º e 4º da ESO. Mónica e Gabriel, como oradores, e Sol e Fran como investigadores - coordinados polo seu profesor de Xeografía, Jacobo Santos - foron os encargados de representar ao centro educativo camariñán. Alí tiveron que defender o tema "Determina o profesor o futuro dos mozos?" durante 32 minutos, repartidos en 5 minutos de exposición inicial, dúas refutacións de 4 minutos e unha conclusión de 3 minutos. A postura a favor ou en contra determinábase pouco antes de empezar cada debate. O sorteo otorgoulle aos rapaces de Camariñas o número 13;  debatir en primeiro lugar e que, ademais, as tres veces defender a postura en contra. Os rapaces, inexpertos nestas lides, souberon sacar o mellor deles e empregáronse a fondo e sen complexos. O xurado resaltou a boa elocuencia dos discursos, a apropiada xesticulación e a estruturación do tema. Clasificación Segundo indican dende o IES Plurilingüe Pedra da Aguia "o comezo non foi como se esperaba" e perderon contra o IES Chamoso Lamas de Carballiño - 315 a 295 -. Na segunda rolda, sen embargo, os de Camariñas gañaron folgadamente ao IES Lama das Quendas de Chantada - 330-215 -. No debate final, o contrincante foi un clásico destes torneos, o Liceo La Paz de A Coruña. Iso non amedrentou aos de Camariñas, que venceron comodamente por 265 a 205. Polo tanto, dúas vitorias e tan só unha derrota, que non serviron para acadar a fase final, xa que só pasaban os 8 mellores e quedaron no posto 11. Seis equipos obtiveron pleno de vitorias, sendo o gañador absoluto A Sagrada Familia de Vilagarcía seguido dos Maristas de Lugo. Todos eles amosaron un altísimo nivel competitivo. Tamén o resto, polo que as dúas prazas de finalista tiveron que completarse recurrindo ao artigo 6.3 do regulamento do torneo, referido ao desempate. Polémica Nun comunicado de prensa emitido polo IES Plurilingüe Pedra da Aguia, aclaran que, neste punto, foi onde xurdiu a polémica e polo que están a impugnar o torneo, xa que a Dirección Técnica non accedeu a rectificar o sistema de puntuación. "E dita impugnación non foi porque nos favorecera na clasificación (onde unicamente adiantaríamos un posto), senón porque resultou inxusto para o equipo que quedou fóra da final", aclaran dende o centro educativo de Camariñas. Segundo sinalan, no medio do torneo - cando xa algúns dos equipos xa estaban a piques de rematar a participación - comunicouse aos coordinadores que, nunha reunión feita sen avisar e tan so cunha parte dos coordinadores, se decidira cambiar o sistema de valoración das puntuacións. A Dirección Técnica do Parlamento Xove, nunha nota enviada na mañá de onte a todos os equipos, xustificou a decisión baseándose nunha interpretación do “ambiguo” apartado 2 do artigo 6.3 do regulamento, que fala de “diferenza de puntuación favorable”. Segundo indican dende o IES Pedra da Aguia, "o argumento sería valido senón fora porque o venres pola tarde a organización clarificou en que consistía ese apartado: a suma das diferenzas obtidas en cada debate. Ao día seguinte, a instancia de varios equipos de moi bo nivel que tiveran a mala sorte de enfrontarse entre eles obtendo moi boa puntuación, cambiouse o criterio, sendo a partir de media tarde o maior número de puntos o que decidiría en caso de desempate". "Cando se participa en calquera torneo, acéptanse as bases e o regulamento do mesmo. Pódese estar a favor ou en contra do xusto ou non dos criterios do desempate. Sen embargo, o que non se pode facer e cambiar o regulamento unha vez iniciado o debate, facelo sen avisar a todos os coordinadores, e simplemente avisar dunha decisión tomada por uns poucos", argumentan dende o centro educativo de Camariñas. Con esta impuganación, os membros do IES de Camariñas aseguran que non pretenden "restar protagonismo aos verdadeiros heroes do torneo, rapaces e rapazas de segundo ciclo da ESO que traballaron duro e superaron seus medos para saír á palestra e defender en público as súas posturas sobre un tema determinado". Mais sí que se mostran indignanos pola "pouca seriedade dos organizadores e as escusas baratas que intentan vendernos para tapar os seus erros". Novas relacionadas Fonte

Comentarios