mércores. 29.10.2025
El tiempo

Samaín na Fin do Mundo cos Rapacollóns e o comercio local

Samain na fin do fundo Fisterra 2025
Samaín na Fin do Mundo cos Rapacollóns e o comercio local

Se algo sae reforzado do Samaín destes últimos anos é o comercio local. A súa cercanía, a súa implicación no truco-traco coa crianzas devolve ese papel de reforzo da comunidade.

Pasa en Fisterra, onde a ruta polos locais comerciais artellada pola familia dos Rapacollóns Big Band pasa por 28 establecimentos. A Ruta, a partir das 19:15h.

Pero o Samaín fisterrán vai máis alá. O venres 31, o Mercado Cultural acolle unha tarde terrorífica con espectáculo de maxia e festa infantil, con música e merendas.
Pola noitiña, os Rapacollóns arman unha Cea Baile dentro do VII Outono Cultural, con inscricións no 620 039305.

Comentarios