O ioga tamén é para nenos
07:05 20/01/17
O ximnasio Nordesfitness de Camariñas ofrece clases de ioga para nenos
Practicar ioga ten efectos positivos para todos. No caso dos nenos, chegan a multiplicarse. Coñecedores disto, dous grupos de nenos participan nas clases de ioga infantil que oferta o ximnasio Nordesfitness de Camariñas. "Traballamos o ioga dende a parte física ata a parte emocional, autoestima, control do enfado, relaxación..." din os responsables do ximnasio que é un dos pionerios da zona neste tipo de actividades.
Ademais, nas clases os máis pequenos tamén teñen tempo para a creatividade grazas ás actividades de manualidades que lle organiza a responsable das clases que é educadora social e titulada en técnicas de ioga e relaxación infantil.
Fonte
- Redacción QPC ([email protected])