O PP de Camariñas esixe suspender do cargo de alcalde a Pichurri tras a condena de catro anos de inhabilitación
08:11 12/05/17
Dende o PP piden que se aplique a LOREG
O Partido Popular de Camariñas - encabezado por Mauricio Aufiero - exisirá que o concello execute a sentenza que condena ao alcalde - Manuel Valeriano Alonso de León - a catro anos de inhabilitación por un suposto delito continuado de prevaricación administrativa.
Dende o PP aseguran que pese a que o rexedor ten dereito a presentar un recurso contra o fallo do Xulgado do Penal número 3 de A Coruña, "o concello de Camariñas debe facer efectiva a pena e suspender do cargo de alcalde ao señor Valeriano Alonso de León", sinalan os populares.
"Remitimos un escrito á secretaria municipal para coñecer se ten no seu poder xa a sentenza e para que, posteriormente, apliquen o artigo 6.2.B de Ley Orgánica do Réxime Electoral Xeral - LOREG -" explicou o portavoz do PP en Camariñas. Aufiero recordou que unha das novidades xurídicas introducidas na LOREG establece que as persoas condenadas por sentenza - ainda que non sexa firme - son incompatibles co desempeño dun cargo público.
Por outra parte, o portavoz do Partido Popular camariñám criticou tamén que o rexedor xustifique o procedemento de contratación - que lle levou a ser condenado por prevaricación - nun suposto beneficio para todos os veciños e veciñas de Camariñas. "Aquí non se trata de ir de vítima e de decir que se fan as cousas como o alcalde quere, saltándose a ley, porque era a única maneira de poder solucionar un problema. Aquí o único que quedou claro é que para o concello de Camariñas te contrate tes que ser amigo do alcalde", asegura Aufiero.
Neste senso, o representante popular recordou o caso dos seguros contratados polo concello de Camariñas ao propio alcalde. "Ao mellor tamén o fixo así para que todo fose máis fácil e axilizar o proceso e non para beneficio propio", ironiza o portavoz do PP quen suliñou que a súa formación está pendente dun caso que pode "agravar ainda máis" a situación xudicial que vive o rexedor.
Por todo iso, o PP de Camariñas entende que o alcalde non pode seguir "nin un minuto máis" ao fronte do concello xa que segundo Aufiero, quedou demostrado que "non é unha persoa de fiar" no que á xestión municipal se refire.
Novas relacionadas
- 09-04-17: Esixen a inmediata dimisión de Pichurri como alcalde de Camariñas
- 08-04-17: Pichurri, condenado a 4 anos de inhabilitación por prevaricación.
- Decembro 2016: Operación Orquesta: Aberto o xuízo oral para 6 dos acusados ceeses.
- 2011: O alcalde de Camariñas aos xulgados pola contratación por parte do Concello dos seguros da súa empresa.
Máis novas
- Febreiro 2016: A UDEF ve indicios delictivos do alcalde de Camariñas na Trama dos Seguros.
- 2015: Por que non nos importa a imputación dos nosos candidatos á alcaldía?.
- 2014: Unha vintena de políticos imputados na Costa da Morte.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).