luns. 02.12.2024
El tiempo

O PP se prepara para recuperar gobernos locais en 2019

O PP se prepara para recuperar gobernos locais en 2019
O presidente provincial dos populares, Diego Calvo, mantivo unha reunión de traballo cos representantes do PP nos concellos de Camariñas, Carnota, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Muxía, Vimianzo e Zas. Imaxe da reunión da comarcal do PP en Zas Diego Calvo, cualificou de “fundamental” o traballo que a súa formación realizará durante todo o ano 2018 no obxectivo de recuperar os gobernos dos municipios do partido xudicial de Corcubión nos comicios municipais que se levarán a cabo a mediados do próximo 2019, e nos que o Partido Popular aspira, ademais, a tomar as rendas da Deputación da Coruña e das tres grandes cidades da provincia. Nunha reunión de traballo con alcaldes e portavoces dos municipios de Camariñas, Carnota, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Muxía, Vimianzo e Zas, e acompañado do vicesecretario xeral de Organización e Territorio, Evaristo Ben, Calvo deu o pistoletazo de salida da precampaña municipal. O presidente provincial incidiu na “importancia” de buscar aos mellores candidatos, pero, sobre todo, destacou a “necesidade” de formar “grandes equipos” xa que, na súa opinión, só así os populares poñerán alcanzar os obxectivos marcados. "Temos por diante o reto de seguir fortalecéndonos en todos e cada un dos concellos, de continuar escoitando aos nosos veciños e, ademais, de dar a coñecer o nome dos que serán a nosos cabeza de lista”, confirmou Calvo, que deixou así no aire a identidade dos candidatos en cada concello, a vista da subidas, por exemplo, en cee onde a actual líder e vocera do PP, Zaira Rodriguez, terza acosado a sua disposición a buscar un relevo de cara a encabezar as listas do PP na vila en 2019. Sobre este asunto, o líder dos populares na provincia volveu deixar claro que o obxectivo do seu partido é nomear os candidatos con, polo menos, un ano de antelación respecto da celebración das municipais. “É un compromiso que adquirimos no seu día e así o faremos. Mantivemos sempre que consideramos imprescindible que conten con este tempo para poder traballar con garantías e con marxe suficiente para poder dar a coñecer o seu proxecto aos veciños”, apuntou Calvo.

Comentarios