![A Carballeira de Baio inundada-Foto-Alejandro Mel]()
A Carballeira de Baio inundada pola crecida do río Grande-Foto-Alejandro Mel
Comezou o inverno, por fin, e ameaza con quedar. Hai unhas semanas a preocupación pola seca no encoro da Fernveza facía saltar as alarmas. E alguén debeu escoitar as plegarias aí enriba, porque comezou a chover,
leva caído en día e medio o que soe caer en todo un mes de xaneiro habitual e parece que non remitirá.
Durante estes dous días, o CAE 112 Galicia rexistrou máis de 300 incidencias relacionadas co vento e a chuvia. Na Costa da Morte rexistráronse refachos de vento dos máis fortes de Galicia, alcanzando a cifra de 1
11 km/h en Fisterra e 92 no Cabo Vilán.
En canto ás chuvias, a zona de
Santa Comba está sendo tremendamente afectada, con
ata 100 litros por metro cadrado. De feito, onte, ao final da Rúa Outeiro, o condutor dunha camioneta precisou axuda para abandonar o vehículo posto que a auga alcanzaba a altura da fiestra.
A estampa máis fermosa do inverno
![Fervenza do Ezaro neste 7 de xaneiro 2016-Foto-Rafa Quintans]()
Espectacular a Fervenza do Ezaro neste 7 de xaneiro 2016-Foto-Rafa Quintáns
Pero tamén, as chuvias permiten tamén disfrutar dalgunhas das imaxes máis fermosas da nosa bisbarra, como é ver a Fervenza do Ézaro en todo o seu esplendor.
[fbvideo link="https://www.facebook.com/marcosrodriguezfotografia/videos/10153959149657033/" width="650" height="400" onlyvideo="1"]
Crecida do río Grande
![Inundacion do rio Grande entre Baio e Vimianzo-Foto-Alejandro Mel 2]()
Inundacion do rio Grande entre Baio e Vimianzo-Foto-Alejandro Mel
Menudas imaxes nos deixou o río Grande, ao seu paso entre Vimianzo e Zas, onde sofre grandes crecidas.
![Inundacion do rio Grande entre Baio e Vimianzo-Foto-Alejandro Mel 2]()
Inundación do róí Grande entre Baio e Vimianzo-Foto-Alejandro Mel
![Riada no Rio Grande en Torelo-Vimianzo]()
Riada no Rio Grande en Torelo-Vimianzo
![Riada no Rio Grande]()
Riada no Rio Grande
![Riada do rio Grande en Vimianzo-]()
Riada do rio Grande en Vimianzo-
![Paseo inundado en Vimianzo-Foto-Oscar Basalo]()
Paseo inundado en Vimianzo-Foto-Oscar Basalo
E o Anllóns
![Crecidas do rio Anllons en Ponteceso-Fotos-Barbara Blanco]()
Crecidas do río Anllóns en Ponteceso-Fotos-Bárbara Blanco
Así está Ponteceso, que sofre a crecida do río Anllóns, onde as comportas de evacuación non dan feito.
[fbvideo link="https://www.facebook.com/100001043444207/videos/1067400489971389/" width="650" height="400" onlyvideo="1"]
![Carballo tamén sufriu importantes crecidas nas súas parroquias]()
Carballo tamén sufriu importantes crecidas nas súas parroquias
Consecuencias no mar
![O Xuncal varado en Corcubion polo temporal-Foto-Quique Portela]()
O Xuncal varado en Corcubion polo temporal-Foto-Quique Portela
É a ría de Corcubión unha das máis protexidas da zona. Así e todo, cando o temporal de mar ponse bravo, non salva o abrigado porto de Corcubión. Non é a primeia vez que os veciños que ir ao rescate dunhe embarcación. Así aconteceu esta mañá de xoves 8 de xaneiro de 2016, cando o barco o Xuncal aparecía encallado no pequeno areal de Santa Isabel, despois de romper amarras.
”Cada temporal, un barco vai a pique”, lamentaban os veciños tras recuperar a embarcación, moi afectada, e por agora situada no peirao.
![Barco do Xuncal recuperado tras romper amarras en Corcubion-Foto-Quique Portela]()
Barco do Xuncal recuperado tras romper amarras en Corcubion-Foto-Quique Portela
Malas previsións para a finde
Os amigos de
4gotas.com dannos o exclusivo parte costeiro:
Será unha fin de semana pasada por auga, con vento e con importantes ondas.
Ás chuvias do xoves xuntaranselle as da madrugada e primeiras horas do venres, o que fará que en pouco máis de 24 horas se superen en puntos do interior da Costa os 100 l/m2 e os 60-80 e todo o litoral.
No mediodía e na tarde do venres non choverá, ou se o fai é de xeito moi ocasional, pero volverán as chuvias nas últimas horas do venres e choverá durante todo o sábado. Ademáis algún dos ballóns será intenso e mesmo con algunha treboada e/o saraibada.
O domingo continuará a chuvia, que por momentos tamén será intensa.
O vento tamén nos preocupará. Soprará intenso o sábado, pero semella que o peor día será o domingo con refachos moi fortes do suroeste.
Ollo ao mar tamén. O venres con ondas de 5 metros que irán subindo ata acadar os 8 metros o domingo.
Seguide o prognóstico de ondada na web 4gotas.com, por se hai cambios e se complica algo máis aínda.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).