O PSOE camariñán denuncia acoso por parte da Xunta


Marisol Soneira publicaba o seguinte no seu Facebook este pasado luns: "Onte presentouse a lista do PSdeG-PSOE en Camariñas. No número tres está unha gran persoa e gran deportista: Juan Cabarejo. Hoxe, a primeira hora da mañán, estaba a Xunta inspeccionando o bar dos seus pais... casualidade?, coincidencia? é posible, pero visto os xeitos da democracia feijoniana sempre nos caberá a dúbida."
Onte, o xornal Galicia Confidencial facíase eco da nova, na que destaca que o propio Cabrejo foi un dos máis aclamados na presentación do PSOE camariñán.
Así, dende o PSOE critican que esta clase de inspeccións son xa unha práctica habitual e que xa as recibiron varios membros do sindicato vinculado ao partido Unións Agrarias, ou o propio Pachi Vázquez.
Non podemos sinalar com semellante a sufrida pola Radio Nordés - Cadena Ser en Cee, esta dirixida polo propio rexedor independiente de Cee.